Wall Street vs Chinatown

Wall St Edificios novos e vellos

Edificios novos e vellos conviven en Wall St.

Unha vez que temos percorrido a zona de Chelsea nun completo día pola Gran Mazá, temos tomado un brunch cos hispters de Williamsburg, despois de bailar na misa de Harlem, e antes de montarnos no obrigatorio e gratuito Ferry a Staten Island, tócanos disfrutar dun dos lugares con máis contrastes de todo NYC.

Estamos no sur da Gran Mazá, onde temos contrastes de todo tipo. As vellas casas baixas de Chinatown sobreviven á sombra dos espigados edificios de Wall Street, e quen sabe se dentro duns anos serán eses chinos que viven aló embaixo os que enchan as oficinas do piso 87 do rañaceos máis alto…

Little Italy? Xa non, xa Chinatown

Little Italy e Chinatown en NYC

Little Italy e Chinatown en NYC

 

O que din que pode ser o edificio mais antigo de NYC

O que din que pode ser o edificio mais antigo de NYC

Baixando dende o centro de Manhatan cara o sur, por exemplo por Broadway ou algunha das xa paralelas, metémonos nun Little Italy que parece que vai a menos. Ducias de restaurantes italianos aínda nos traen á mente ducias de escenas de película, cos mafiosos sentados arredor dun prato de pasta decidindo o futuro do mundo. Pero pouco máis porque o empurre de Chinatown, xa que os chineses parece que se van comendo aos azurros. Ata a zona máis posh, a de Nolita, tamén está sendo tomada por Asia.

Seguimos baixando, meténdonos polas ruelas máis estreitas de todo NY, e buscamos practicamente a única curva que queda na perfecta cuadrícula do plano da Grana Mazá, a Doyers, onde as peluquerías demóstrannos o coquetos que son os chineses. Saímos á Bowery St. e na esquina de Chatham Sq. temos o edificio máis antigo de NYC, sen contar a St. Paul Chapel (1794), unha pequena e xeitosa capeliña que por suposto, tamén merece parada obrigatoria aló embaixo, agochada entre os titáns de cristal con seu simbólico cemiterio.

A unica curva de todo NYC en Chinatown

A única curva de todo NYC en Chinatown

 

Cemiterio da St Paul Chapel en Wall St

Cemiterio da St Paul Chapel en Wall St

O baleiro das Torres Xemelgas

Fontes do World Trade Center

Estremecen as Fontes homenaxes no espazo das torres do World Trade Center

Toca pararmos na zona do World Trade Center… Estremece situarse no alto desas fontes construídas sobre a base das derrubadas Torres Gemelas, e que semellan que hai un furado no chan e que a auga marcha ata o inferno. Os nomes de cada un dos finados aquel fatídico 11S de 2001 están escritos no marmol e unha rosa branca recorda os cumpreanos de cada un.

Ao carón seguen a construír un Memorial, que parece un dragón xigante feito cos escombros da catástrofe.

Segue en construción o Memorial polo 11S con materias provintes dos escombros

Segue en construción o Memorial polo 11S con materias provintes dos escombros

 

Mural que rememora o 11S

Mural que rememora o 11S

Wall St. naceu en Holanda

A Bolsa de NYC, o epicentro diabólico do mundo economico

A Bolsa de NYC, o epicentro diabólico do mundo economico

Interesantísima a historia do Wall St. Curioso o feito histórico que dá nome ao epicentro do mundo económico-diabólico. I é que foron os holandeses os primeiros que viviron na zona aló polo século XVI (recomendable o libro New York de Edward Rutherfurd se queredes coñecer historia da cidade en clave novelística), e na zona ergueron un muro para defenderse dos británicos, e do que agora só queda unha mera placa no chan da rúa, entre a Bolsa e o Parlamento.

Unha placa que recorda o muro holandes de Wall St

Unha placa que recorda o muro holandés de Wall St

Ah, ollo, non esquezades pasar polo Century 21, unhas galerías enormes con prezos realmente interesantes. Moito mellor que o Macy’s, un dos centros comerciais máis grandes do mundo e que leva toda a fama, e do que non pararás de ver bolsas de plástico por todo Manhatan.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>