Curso rápido de idiomas para viaxar

A pedra Rosetta

Para viaxar e coñecer novos sitios non é necesario saber idiomas. Os galegos temos unha vantaxe idiomática que nos ven “de serie” e que nos abre as portas de medio mundo: vimos con dous idiomas aprendidos (un que nos abre as portas dos países lusófonos e outro para os países hispanofalantes). Ademais contamos cunhas nocións de inglés (máis ou menos básicas) e poñendo un pouco da nosa parte, tamén podemos entender expresións doutras linguas de orixe latina (coma o francés e o italiano).

Ademais, se se trata de facerse entender, por sorte os seres humanos temos unha serie de códigos xestuais internacionais que fan posible a comunicación entre nos (as veces, dando lugar a situacións e anécdotas do máis divertidas.

Pero tamén é certo que o feito de non falar/entender o idioma do país que visitas, limítate á hora de poder establecer vínculos cos seus habitantes e tamén á hora de coñecer a cultura dunha forma máis profunda.

Se realmente che apetece viaxar a ese país no que nin sequera o inglés che vai facilitar a comunicación, a lingua non debe ser unha barreira. Ao contrario, é unha oportunidade para poñerte a proba e aprender algunhas palabras básicas dun idioma diferente. Na rede hai moitos recursos de aprendizaxe de idiomas gratuítos, entre eles BBC Quick Fix.

Aprender árabe para viaxar

O material que crea a BBC para a aprendizaxe de idiomas é moi coñecido, e todos caemos algunha vez na coñecida BBC Learning English, pero BBC Quick Fix está orientado a ser unha guía de vocabulario e expresións útiles para viaxar, en máis de 40 linguas diferentes.

Este si que é un bo tip viaxeiro, que che pode dar pé a establecer conversas ou polo menos a ser cortés e amosar un interese máis alá do simple turismo. Tamén para saír de algún apuro que poida surxir!

Expresións como os saúdos, as partes do día, nomes de comidas, dar as gracias… e o máis interesante: cun arquivo de audio onde escoitar como se pronuncian. Se o obxectivo é por exemplo aprender chino para viaxar, tes ademais das frases básicas, outras relacionadas cos Xogos Olímpicos, o ir de compras, a comida, os transportes ou os aloxamentos.

Cun pouco de práctica poderás preguntar en China se hai algún restaurante cerca “zhè fùjìn yǒu cāntīng ma?”, preguntar onde está o baño en islandés “Fyrirgefðu, hvar er klósettið?”, preguntar se o teu interlocutor fala inglés en Macedonia “Дали зборувате англиски?” ou pedir axuda en Bielorusia “Дапамажыце, калі ласка.”. Se o escoitas non parece tan complicado.

Tamén podes completar a aprendizaxe con exercicios de gramática ou pronunciación, e ir comprobando os teus avances con diferentes test. Este recurso está dispoñible en ruso, árabe, italiano, alemán, xaponés, e así ata corenta linguas diferentes. Polo momento non hai material para o galego, aínda que si para o castelán, o catalán e o euskera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>