Vivir en Londres: o barrio de Brixton

Brixton marketBrixton é un deses barrios que están no centro de Londres pero que en canto o pisas, parece que te trasladaches a outro país ou continente. Está na ribeira sur do río, e é famoso polos seus disturbios, polos conflictos raciais e por ser unha zona na que mellor non pisar a finais dos 80. Sempre foi unha zona cunha situación socio-económica bastante complicada e hoxe en día, aínda se sinten de fondo as marcas do seu pasado, pero a súa imaxe está á alza, por iso na túa próxima visita a Londres tes que ir alá.

¿Qué podes atopar en Brixton? Nestes momentos é un dos barrios de moda en Londres, e artistas e profesionais de todo tipo (e hipsters) estano colonizando (ten boas comunicacións co centro e a vivenda é máis barata que noutras zonas). E alá a onde van os hipsters empezan a aparecer as tendas de segunda man, locais de música, restaurantes, cafeterías, tendas de cousas bonitas, librerías, galerías de arte… e moitas actividades alternativas.

O Brixton Village Market

Brixton VillageO mercado de Brixton é un mercado local, o mercado do barrio de Brixton, e como tal, ten todas as cousas que precisan os habitantes da zona para o seu día a día. Isto xa fai este mercado interesante, pero ademais hai que ter en conta que unha boa parte dos habitantes tradicionais deste barrio teñen unha orixe caribeña e xamaicana, e todo isto déixase verr nos produtos que aquí se venden. ¿Queres viaxar ao Caribe sen moverte de Londres? Pois pasa unha mañá polo Brixton market.

Se buscas comida, podes comprar todo tipo de froitas, verduras, carne, peixe, ovos… e tamén alimentos de procedencia exótica ou incluso alimentos que noutras partes de Londres apostaría a que está prohibido vender. Pero tamén é un bo sitio se buscas telas, roupa, bolsos, complementos e todo tipo de aparellos electrónicos e complementos para teléfonos móbiles.

restaurante en Brixton

Tamén hai restaurantes novos onde almorzar, e é que os hipsters non deixan un barrio en risco de exclusión por colonizar. Os prezos destes restaurantes son relativamente baixos (ten en conta que estás en Londres) porque está fóra das rutas turísticas tradicionais. Ademais cara á fin de semana hai concertos en vivo.

Hai postos na rúa ao aire libre e postos ao longo de tres galerías cubertas e interiores (cousa que en inverno se agradece). Podes acceder a el deixándote levar polas rúas próximas á Brixton Tube Station. Mira todas as actividades que organizan ahora que chega o bo tempo no seu Facebook.

Cine Ritzy

Outros atractivos do barrio

  • Déixate levar polas súas rúas e ao mellor te atopas con un muiño (Brixton Windmill) que era empregado aló polo 1816 e hoxe se conserva como un centro de actividades relacionado coa agricultura.
  • Podes acudir a unha sesión no cine independente máis grande da cidade, o cine Ritzy.
  • The Brixton Academy. Un clásico da cultura pop ainda en activo.
  • Din que o restaurante italiano Franco Manca é onde fan unhas das mellores pizzas da cidade.
  • Como última curiosidade, este é o barrio onde naceu David Bowie e onde The Clash tiveron os seus inicios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>