Vivir en Londres, de compras

London_eye

Este é un artigo sobre Londres, pero tamén sobre compañeiros de viaxe. Como a maior parte das miñas historias, a viaxe empeza en Galicia, concretamente nunha cancha de baloncesto, unha noite de setembro e en Pontevedra. Ese é o recordo máis antigo que compartimos, eran os primeiros días dunha nova vida para nós (2002), e dende a nocturnidade dese momento, acompañámonos nunha viaxe común que dura máis de dez anos.

Así que antes de que eu soubera que me viña para Londres, Tamara xa estaba planeando vir a visitarme. E pouco máis dun mes despois de que me instalara, atopeime esperándoa en Liverpool Street. Con Tamara veu Silvia, e como as irmás das miñas amigas son tamén amigas miñas, pasamos uns días xeniais (e agotadores) “londoneando” por aí.

De compras por Covent Garden

Elas xa coñecían Londres de anteriores viaxes, polo que dende varias semanas antes da súa chegada dedicámonos a apuntar nun documento compartido cousas que elas querían ver e cousas que eu lles quería ensinar. Mercadillos, cupcakes, cafés, museos, facer un picnic, zonas de moda, tendas, mercados, shopping centers e veña tendas. Creo que non dixen aínda que Tamara Valverde é deseñadora de moda e que xunto con Silvia crearon a marca Greenvalley, ahora entenderedes mellor o tipo de Londres polo que nos movemos. Dedicámonos a “cazar tendencias”, sacar fotos, comprar telas, botóns, ver texidos, desfrutar e buscar inspiración para os novos traballos que están facendo.

De compras por Carnaby Street

É imposible contar todo o que fixemos nuns poucos días, polo que aquí van sólo unhas poucas ideas por se alguén está planeando unha viaxe á cidade.

Mercadillos de Londres e tendas interesantes

Empezamos a nosa ruta de compras por Londres en Convent Garden, todo un clásico, pero ese foi sólo o principio, porque creo que nunca ninguén optimizou tanto o tempo para ver tantos mercados e mercadillos en Londres:

Portobello Road, un imperdible das mañás do sábado para todo turista. Tan imperdible que incluso por momentos parecía que alí estaba todo Londres. Antigüidades, comida, roupa, accesorios… de todo se pode atopar aquí, ata un super con produtos españois que surte de Cola-Cao e Tomate Solís aos españois en Londres. Ademáis en Portobello aséntase unha importante comunidade de emigrantes galegos que chegaron aquí cando non era un barrio cool, polo que podes atopar xente falando na nosa lingua ou ca camiseta do Celta.

De compras en Portobello, Londres

Camden Town, este é o barrio extravagante de Londres por excelencia, aínda que seguro que a extravagancia impactaba máis fai uns anos que o que nos pode impactar ahora. Pero sen dúbida aquí sempre vas atopar algo que te sorprenda.

Old Spitafields Market, preto da estación de Liverpool Street é cada vez máis turístico, pero cun tamaño limitado é un dos mercados que máis me gusta de Londres. Está aberto todos os días da semana, ainda que cambian algúns dos seus postos. Na mesma zona está tamen Brick Lane Market, de máximo apoxeo os domingos á hora de comer e no que os hipsters poden traer as maletas valeiras para cargalas de must.

De compras en Old Spitafields Market

Liberty é un centro comercial que conserva o estilo de casa de campo de principios do século vinte. Empezou sendo un almacén onde se vendía principalmente seda e productos das Indias e algo dese ambiente ou atmosfera conserva. Sei que a parada obrigatoria en Londres en canto a grandes almacéns é Harrod’s, pero eu cambiaríaos por estes. Está moi preto de Picadilly Circus, nunha rúa que desemboca en Regent Street.

Carnaby Street. Para facerse unha idea de como é esta rúa e as que a rodean, nos anos sesenta o Oxford English Dictionary recoñecía o termo “Carnaby Street” co significado de “fashionable clothing for young people”.

Old Street, Daltson, Islington & Angel

O bo de que te visiten persoas ás que coñeces tan ben, é que sabes perfectamente que cousas lles van a gustar e cales as van sorprender. Así que eu tiña claro que quería compartir con elas o barrio onde vivo e onde gasto a maior parte das miñas horas (Angel&Islington), que ten un montón de cousas interesantes pero que pasa desapercibido para os turistas. Así que tamén fixemos vida de barrio en Londres.

De compras en Daltson

Acompañáronme a facer a compra a Ridley Road Market onde vou todas as semanas un par de veces e que merece un artigo en Equipaxe de Man para el solo. Fixemos o meu recorrido-tipo: atravesamos todo o mercado (mirando os postos onde ten mellor pinta a froita e os vexetais) e empezamos comprando no supermercado turco que hai no final da rúa (queixos espectaculares, aceitunas, cuscús, pan turco, especias…), despois paradas técnicas varias para ver tendas de telas e costura, un tentenpé e rematamos comprando froita e pan para facer un picnic a mediodía nun parque e aproveitar o solete.

Visitamos os arredores de Angel Station, onde nos tomamos un café en Ray and Stitch, segundo as propias palabras de Tamara “a tenda dos seus soños” (eu dende que entrei nela por primeira vez souben que lle gustaría). O pequeno Chapel Market, cear no restaurante hindú, tomar mojitos de mango ou probar as cupcakes de The Hummingbird Bakery son tamén experiencias recomendadas nesa zona.

De compras por Angel e Islington Green

Foi xenial telas aquí conmigo por uns días, e poder compartir con elas algunhas historias de vivir en Londres. Teño que ir completando con máis artigos porque este non dá para todo! Se queredes máis detalles e fotos, podedes ler o artigo que Tamara escribiu no seu blog, onde dá moitos máis detalles.

2 reflexións sobre “Vivir en Londres, de compras

  1. Tamara

    Bueno… esta entrada no es que me guste, es que además me emocionó mucho… El lema de antes del viaje era “después de diez años” y las expectativas se cumplieron con creces… Porque lo más genial de todo no es todo lo que lo aprovechamos, sino todo el tiempo que pasamos juntas y el tiempo que seguimos planeando… Muchas gracias Ana y por supuesto a todo el equipo por cuidar tantísimo vuestro trabajo… no hay cosa mejor que ver lo que disfrutáis escribiendo el blog.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>