Vivir en Londres. 10 cousas que facer gratis en Londres

Vivir en Londres National GalleryDicen por aí que as mellores cousas da vida son gratis e eu creo que é certo, pero para min vivir en Londres é unha das mellores cousas que che poden pasar na vida e eso… non é precisamente gratis. A vida en Londres é bastante cara e turistear pola cidade visitando os principais puntos de interese pode deixar o teu peto bastante tocado. Pero hai un montón de alternativas gratuítas para os que queren vivir por uns días coma os auténticos londoners.

1. Parques, canles e espazos ao aire libre

É incrible o que cambia a cidade e os seus habitantes en canto sae un raio de sol. A alegría contáxiase e todos se afanan en aproveitar ao máximo o bo tempo. Calquera espazo ao aire libre serve para facer unha barbacoa improvisada ao saír de traballar ou para tirarse na herba á hora do lunch.
Se viaxas en verán con nenos, os parques son unha moi boa idea para tomarse un descanso, moitos deles teñen pequenas piscinas ou chorros de auga para que os máis pequenos xoguen e se refresquen cando o calor é insoportable (si, en Londres cando fai calor, fai moito calor). Cando digo parque, non me refiro solo a Hyde Park, senon a explorar un pouco máis e mesturarse cos locais en Clissold Park ou Batersea Park.

Vivir en Londres Clissold_Park

2. Vistas panorámicas

Desfrutar das vistas da cidade é un luxo, pero pode ser un luxo gratuíto se o fas desde o parque Primrose Hill, desde a terraza da Tate Modern, desde moitas das pontes que cruzan o Támesis ou desde Hampstead Heat.

3. A Bristish Library

Esta enorme biblioteca xa merece unha visita polo seu impresionante edificio e é todo un símbolo da cultura británica (ten un fondo bibliográfico que supera os 150 millóns de exemplares). Programa moitas actividades e exposicións gratuítas, así que revisa a súa web antes de visitar a cidade.

4. Espectáculos gratuítos en The Scoop

Este enorme furado no chan, está ao lado do London City Hall e é un moderno espacio ao aire libre onde durante o verán se programan diferentes actividades gratuítas para desfrutar á fresca (teatro e cine principalmente).

5. Sacar as fotos típicas de Londres

Sexan no cambio de garda de Buckingham Palace, no paso de peatóns de Abbey Road, nas cabinas vermellas ou nos buses de dous pisos. Se eres fan da saga Harry Potter non deixes de visitar o andén 9 ¾ da estación King’s Cross desde onde parte o tren para Hogwarts. E se coma min eres un friki da publicidade, non te irás da cidade sen pasar por Picadilly Circus e con sorte podes ver un pedazo anuncio coma este:

6. Música en directo

No metro, nas rúas e prazas… en Londres a música está por todas partes e é moi fácil quedarse un bo rato escoitando cando a túa intención real era ir a toda presa. Se queres apostar sobre seguro e atopar música cada noite, déixate caer por Covent Garden, pero cando camiñes pola rúa fíxate ben porque ao mellor a que está cantando nesa esquina é unha moza galega.

7. A televisión pública británica

É posible acudir como público á gravación dun programa da BBC e ver os estudios da cadea por dentro. Para facelo tes que solicitar as entradas online.

8. A política británica

Despois do punto anterior, para meterse de pleno nos asuntos sociais e políticos do país xa sólo queda ver unha sesión parlamentaria na cámara dos Lores ou dos Comúns. Asistir en directo a debates sobre os diferentes temas é relativamente fácil.

9. Ir a misa

Para visitar as igrexas e templos da cidade hai que pagar entrada pero… son gratis se eres creente e vas en horario de culto relixioso. Podes ir a misa en Westminster Abbey  e tamén en St Paul’s Cathedral, presta atención aos horarios.

10. Un paseo pola ribeira do Támesis

E é que en ambas marxes do río están continuamente sucedendo cousas. Desde o Museo do Deseño ata o London Eye podes pasar un día enteiro camiñando e visitando puntos de interese. Tower Bridge, os rañaceos de The City, a Torre de Londres, Hay’s Galleries, o Borought Market, o Globe Theatre, a Tate Modern, South Bank ou o Waterloo Bridge (unha das vistas que máis me gusta da cidade; a un lado o Londres da tradición e a política e ao outro o Londres da modernidade e a economía). Ademais podes facelo coincidir cunha das veces ao día que se levanta o Tower Bridge e desfrutar do espectáculo que a min non me coincidiu ver nunca :(

Vivir en Londres Tower Bridge

Non quixen poñer nesta lista os museos, pero… non é marabilloso vivir nunha cidade onde podes entrar a un museo solo por ver un cadro de Andy Warhol ou os xirasoles de Van Gogh? E escoitar a unha guía no British Museum explicar gratis durante media hora a importancia da Pedra Rosetta?

Tamén dicen por aí que o que está cansado de Londres é que está cansado de vivir, porque Londres ten todo o que a vida che pode ofrecer. Moitas das cousas, for free.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>