Visitando amigos, outro xeito de viaxar

Visitando-amigos-en-Polonia-e-norte-da-peninsula

Unha viaxe pode servir para visitar a moitos amigos que hai tempo que non vés

Á hora de prantexar unha viaxe sempre hai varios obxectivos e procedementos a analizar. Que me apetece, sol, praia e relax, montaña e aventura ou cultureteo? Pretiño en coche, tren ou autobús, ou marchar lonxe en avión? Ir en grupo pequeno, só, ou nunha viaxe organizada? E unha das preguntas que se poderían engadir é o feito de viaxar e de paso ir facendo visitas a amigos e familiares. Un xeito case que inmellorable de coñecer mundo gastando pouco, ao tempo que coidas a xentes que queres pero das que non tes ocasión de vivir preto.

Así prantexamos Tugui e mais eu a viaxe deste verán. Unha viaxe pragada de visitas, que percorreu o norte da península e rematou nada menos que en Polonia, onde pasei un ano estudiando de Erasmus e agora case que a contemplo como a miña segunda casa. De Polonia, un país realmente sorprendente polo pouco que sabemos del, fixemos un especial de varios artigos. Pero hoxe quero falar un pouco de como artellar unha viaxe amigable.

A idea parte da xa convertida necesidade de voltar a Polonia 6 anos despois da miña estadía. Son varios os amigos que deixamos alá, que por sorte xa tiveron a ben en visitarnos por Galicia en varias ocasións. Son estas as visitas nas que te decatas o importante de saber falar inglés, falar inglés ben, non coma cremos que sabemos… Ademais co meu polaco algo oxidado (que difícil é, meupai…) houbo que tirar de inglés constantemente.

A chegada foi a Poznan, onde tras un paseo quedamos a durmir en casa de Asia (que se pronuncia tal cual Axa). Unha marabilla vela despois de varios anos, pois foi ela a que me acolleu o primeiro mes de estancia académica (ou máis ben festexeira). De feito, acabei vivindo coa súa curmá, Agata, un sol de rapaza que fumos visitar de contado ao día seguinte á cidade de Wroclaw (que non se pronuncia como se diría en inglés, se non que sería algo así como /frotsuaf/). Ela e os seus amigos leváronnos a facer kaiak polo río, vela nun lago, ás carreiras de cabalos e disfrutamos con eles dunha tranquila festa na súa casa.

Á volta de Cracovia, onde por desgracia non coñecía a ninguén e tivemos que tirar de hostel, voltamos a Poznan, para ir cear coa familia de Asia. Aí xa, con 20 nalewkas (os licores polacos caseiros) enriba xa que o polaco ía fluidísimo…

E para pechar a rolda de visitas polacas, receamos en casa de Oskar, actual profesor particular de español, e que nos invitou á súa casa coa maior das hospitalidades que un puido vivir nunca (só comparable á armena).

Aproveitando a viaxe

O caso é que á hora de coller billetes atopamos que as mellores conexións saen dende Barcelona. Que facer, logo, tomar un avión caro e rápido, un tren ou un bus lento? Pois ningunha das dúas, decidimos aproveitar a viaxe para ir facendo paradas. Collimos a estrada do norte e paramos un par de días en Santander, de visita coa familia salmantina que ten a ben veranear dende hai moitos anos na capital cántabra.
De aí marchamos cara Donostia, onde nos agardaban para unha visita fugaz Adur e Marta, unha parella vasco-polaca que precisamente coñecín durante o meu ano en Poznan, onde Marta era alumna de euskera de Adur (si, si, en Poznan hai clases de euskera e Marta fala euskera que podes alucionar….).

A terceira parada foi en Barcelona, con doble visita. Durmimos no pequeno e agradable apartamento de Dani, amigo de Vilanova dos Infantes emigrado na cidade condal. Con el e con Livia, vella amiga que xa visitáramos en Pekín pasamos unha agradable tarde nas encantadoras prazoletas de Gràcia.

Todo un pracer aproveitar este verán para ver a esta xente que había tempo que non viamos!!! Moitas gracias amigos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>