Viaxar no día a día: Vigo-Moaña en imaxes

Moaña1Vós que facedes nesas tempadas de traballo saturante, sen ningún tempo para coñecer novo mundo, para viaxar? A que recorredes cando as maletas e a equipaxe de man colle po de non usar?

Eu busco pequenas alegrías, gozo co día a día, con cousiñas que me xeran cantidades inxentes de endorfinas diarias para seguir: cunha cea con bos amigos, cun paseo agradable ou, simplemente, disfruto coas vistas, co meu mundo, mentres conduzo:

Mundo coma este:

Moaña2E é que, cando medio durmida, todas as mañás, cruzo a Ponte de Rande, dirección O Morrazo, e comezo a ver isto… o meu sorriso comeza a espertar.

Moaña4Por uns minutos somos a radio, a paisaxe e eu. Sen máis. Sen problemas, sen traballo, sen agobios, sen barullo, sen nada. Só nós.

Moaña5Finalmente, cando tiro do freno de man no paseo de Moaña e retomo o resto do mundo, esta é a imaxe que me levo nas retinas. Así calquera comeza un novo día e pode esperar un pouquiño para encher de novo a equipaxedeman das viaxes, non credes?

E a ti? Que che xera endorfinas?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>