Viaxa en Postcrossing! É rápido e low cost…

Postal Paises BaixosCando busco emprego, o que quero é ter vacacións. (“The Boss” é bromiña). A cuestión é: cando o traballo nos consume, como podemos viaxar sen mover un pé de casa? Unha noite vendo Baraka, a National Geographic no baño, zappeando atopas Españoles por el mundo (programa demasiado idílico-utópico para o meu gusto). Non! Eu hoxe propóñovos… o postcrossing! Un intercambio de postais con xente de todas as nacionalidades.

PostcrossingO primeiro que debes facer é entrar na web e crear un perfil. É moi sinxelo. Nome e apelidos, enderezo, data de nacemento, linguas que falas, foto e descrición (quen es e que tipo de postais che gustan). Unha vez dado o paso, debes solicitar a información de contacto das persoas ás que enviarlles unha postal, nunca poderás ter máis de cinco viaxando. Na miña primeira incursión fóronse ata China, Polonia, EEUU Alemaña e Holanda. Que marabilla! Agora toca ver os seus gustos, elixir bonitas postais, ser creativo e envialas. Só entón poderás tamén comezar a recibilas…

Eu, polo momento, xa recibín dúas! A primeira chegou dende os PaísesBaixos. A Femke, a miña remitente, sorprendeulle descubrir que me dedico á produción audiovisual, para ela é un marabilloso hobbie; así que fálame dela, da súa vila, mándame links a proxectos audiovisuais seus e recoméndame películas. En canto á segunda postal, a semana pasada a miña nai chamoume sorprendida “Vicky, recibiches unha carta de China en inglés, digo eu, porque comeza con ‘HelloVictoria’, máis non sei traducir, a que asiático coñeces ti?”. E agora teño unhas ganas tolas de tela entre as miñas mans e facer unha fugaz viaxe a China! Xa vos direi que me conta… Canto recibas unha postal non debes esquecer introducir, na web, o código de seguimento que nela vén escrito (e que ti tamén terás que poñer nas que envíes), e mesmo podes escribirlle unha mensaxe ao teu remitente a través da páxina.Postal China

O postcrossing non é só unha forma rápida de coñecer xente, culturas ou cidades novas. Unha das súas vantaxes é que poderás practicar outros idiomas, principalmente inglés, pero se che invade a inseguridade direivos que os tradutores e a creatividade axudan a salvar a situación ou a gañar confianza. Por outro lado é moi económico, o custo dos meus primeiros cinco envíos non chegou aos cinco euros e as postais non suman moito máis, mesmo, se te fixas ben, atoparás algunhas chulísimas en bares ou cervexarías. E o mellor para o final: tan afeitos como estamos aos correos electrónicos, whatsapps, sms… estou segura de que non lembrades a ilusión que fai recibir unha cartiña escrita! O dito, postal, boli, imaxinación, selo e… a viaxar!

2 reflexións sobre “Viaxa en Postcrossing! É rápido e low cost…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>