Unha viaxe ao berce dos sobaos pasiegos

Os verdes praus protagonistas dos Vales do Pas-Cantabria-Foto-Juan Gomez

Os verdes praus protagonistas dos Vales do Pas, en Cantabria. Foto: Juan Gomez

Sempre tiven curiosidade por saber dende onde viña iso de Sobaos Pasiegos. I é que dende que por motivos familiares teño unha vinculación con Santander, non hai ano que non disfrute de varios almorzos a base dos marabillosos sobaos de “Gómez”.

Non hai moito tivemos unha nova excursión familiar e tocou unha fermosa ruta polos vales do Pas, do Pisueña e do Miera, tres ríos que vertebran e describen á perfección o monte cántabro. Os “praus” locen verdes, as vacas mouras, as montañas rochosas e os ceos grises, deixando unha verdadeira estampa de norte peninsular.

Claustro do Mosteiro de Soto-Cantabria-Foto-Juan Gomez

Claustro do Mosteiro de Soto-Cantabria-Foto-Juan Gomez

Comezamos a ruta entrando por Puente Viesgo, onde tivemos a sorte de ver, por dentro, o Mosteiro de Soto. Continuamos polo Val do Pas, de onde saen os sobaos e as quesadas pasiegas. Non esquezades parar nunha das pastelarías da zona e armarvos con todos os que sexades capaces de comer, e con varios regaliños. Á volta, vánvolo agradecer.

Pasamos pola fermosa vila de Alceda, un exemplo do ben coidadas e adornadas que están todas as casas da zona. En Entrambasmestas collimos pola beira do río Pas ata Vega de Pas, dende onde subimos a velos vales dende as alturas de La Braguía, subindo pola ladeira do val do Pas e baixando pola do Pisueña. Impresionantes as vistas dos verdes prados cas súas fermosas vacas mouras, e as ovellas melenudas correteando polas colinas. Mágoa que era xa hora de comer e os condutores nin se prantexaron facer unha parada para botar unha fotiño..

Comimos en Bárcenas de Vilacarriedo (e comimos ben, ademais, con comida tradicional cun toque moderno no Rincón de Sarima) e nos achegamos ao Palacio de Soñanes, hoxe un fermoso hotel Abba con dous teixos e dous magnolios impresionantes.

Palacio de Soñanes, hoxe un fermoso hotel Abba-Foto-Juan Gomez

Palacio de Soñanes, hoxe un fermoso hotel Abba-Foto-Juan Gomez

 

Santuario de Vagaluz-Cantabria-Foto-Juan Gomez

Santuario de Vagaluz-Cantabria-Foto-Juan Gomez

Collimos cara atrás ata Selaya, polo Santuario de Vagaluz e á súa ruta por detrás polos “Bosques de Todos”, nun merendeiro encantador.

De aí cara o norte polo val Do Pisueña, en Vega collemos á dereita cara Saro, para ver a casona solariega dos Lope de Vega, onde naceu a familia (Quevedo e Garcilaso tamén naceron na zona porque como había moitos nobres, nomearon zona de libre de impostos, xurdindo así moita economía e moitos estudos, ademais de moitos marinos importantes, como dan proba as múltiples palmeiras que traían como trofeo os indianos).
Pero faltounos achegarnos ata Llerana e o pintoresco e armónico lugar de Esles, dous sitios que cómpre visitar.

A simgular Villa Jacinta demostra a arquitectura tradicional da zona, en Saro-Foto-Juan Gomez

A simgular Villa Jacinta demostra a arquitectura tradicional da zona, en Saro-Cantabria-Foto-Juan Gomez

 

Casona solariega dos Lope de Vega en Saro-Cantabia

Casona solariega dos Lope de Vega en Saro

 

A señorial Colegiata de Santa Cruz de Casteñada en -Foto-Juan Gomez

A señorial Colegiata de Santa Cruz de Casteñada en -Foto-Juan Gomez

Para rematar a ruta voltamos ao Pisueña, para ir ata Santa María de Cayón e ver as súas dúas igrexas románicas, a da Asunción e a señorial Colegiata de Santa Cruz de Casteñada.

Un fermoso día polo doce monte cántabro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>