Unha maleta para 2 semanas de verán…

 

IMG_20150630_102234Para este mes de xullo, teño 2 semanas de vacacións. Recoñezo que non será unha equipaxe de man, máis ben, un maletón para 14 días fóra, 3 lugares distintos, con planes turísticos, días de praia e citas familiares. Ademáis, sin ter que facturar, a miña, será unha maleta do máis variada:

  1. Roupa, neceser, calzado, bolsa para a roupa sucia e un montón de “porsiacasos”: por si vou a praia, por si fai frío, por si fai calor, por si vou de festa, por si…
  2. Bolsa de praia, toalla, bikinis e sobretodo crema protectora. Eu paso da pel branca nuclear ao vermello das nécoras cos primeiros raios de sol do verán, jeje.
  3. Pack viaxe: Fai uns meses comprei o típico conxunto de tapóns de oídos, almofada hinchable e antifaz. Un choio de 3 o 4€ en tendas Tiger. Tamén o acompaño dun libro cando viaxo soa en tren ou bus. Actualmente “La Templanza” de María Dueñas.
  4. Coma os meus compis de blog: boli, libreta, mapas e guías do lugar ou apuntamentos varios (obtidos dos post deste noso blog ou doutras páxinas de turismo do lugar de visita).
  5. E como non, a cámara fotográfica. Aínda que a miña adoece de ser un pouco anticuada, normalmente fago usufructo da cámara do meu compañeiro ou compañeira de aventura.
  6. Por último, unha chea de ganas de descubrimento e de disfrutar (esto ocupa pouco na maleta pero quizáis é o máis importante ;) ).

Felices vacacións!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>