Unha eterna e auténtica viaxe en bus pola África do Sur

Bus de Bulawayo a Vic FallsBus de Bulabayo a Vic Falls

Só 2 horas esperando a que se enchese o auténtico o Bus de Bulawayo a Vic Falls

Unha das paradas que se prantexaban case imprescibibles na nosa viaxe ao Sur de África, dada a miña devoción polas augas caídas, eran as Victoria Falls. E non defraudaron, a pesar de ter que facer unha longa viaxe entre Johannesburg e a fronteira entre Zimbabue e Zambia, onde se atopan as marabillosas fervenzas. Falaremos delas pero hoxe imos de ruta. que vai custar chegar.

Companeiro de viaxe entre Joburg e Bulawayo

Compañeiro de viaxe entre Jo’burg e Bulawayo

Foron máis de 1.000 km, en dous días de viaxe con 25 horas de autobús, pero foron ben agradables. Estes eternos modos de viaxar fan que coñezas a realidade, e iso que a recomendable compañía estadounidense Greyhound é apta só para a clase media. 2 horas para saír das zonas periféricas de Jo’burg e Pretoria (ambas forman unha megaurbe, coa zona “noble” na segunda), e outras 14 máis para chegar a Bulawayo.

Gustounos compartir esas comidas graxentas, zampando un polo enteiro coas mans nun espazo minúsculo. O chan do autobús a medio xa parecía Vietnam… Iso si, todo o mundo foi encantador con nós, só sorrisos e palabras de axuda, o que dá conta da humildade e hospitalidade das xentes de ZW.

O bo humor e a hospitalidade reina en Zimbabue

O bo humor e a hospitalidade reina en Zimbabue, como nesta vendedora

 

Polo con sadza para comer no bus

Polo con sadza para comer no bus e que sempre acabana no chan

A fronteira na que non existe o tempo

Eternas colas na fronteira entre Sudafrica e Zimbabue

Eternas colas na fronteira entre Sudafrica e Zimbabue

Antes tocaba petar ca verdadeira África, a fronteira entre Sudáfrica e Zimbabue. Unha verdadeira impresión. Centos de persoas facendo colas interminables, dando conta do fluxo migratorio entre unha zona pobre como Zimbabue e outra en teórico auxe como Sudáfrica. Primeiro toca pasar a parte sudafricana da fronteira, antes do río Limpopo. Gracias aos bravos buseros conseguimos pasar o primeiro filtro, montarnos no bus, cruzar a ponte, e prepararnos para a parálise do tempo.

Non existe o tempo, directamente. Xa non hai colas, hai masas de persoas unidas, algúns emigrantes de Zambia, Zimbabue ou SA, e outros simplemente sobreviventes que acampan na zona para vender pan, unha tarxeta telefónica ou unhas gafas de sol. Outros viven de axudar, como o mudito que axuda ao condutor a baixar todas e cada unha das nosas maletas do remolque do autobús, para o teórico “control” de “customs”… Digo teórico porque despois de sacar todas as mochilas, esperar unha hora con elas abertas, o primeiro escaneo foi un “It’s yours? Ok”, e o segundo, á volta, consisitíu en dous cans que no canto de olfatear as nosas mochilas se puxeron a flirtear sobre elas…

Tampouco existen as computadoras… acendidas. O control de pasaportes faise a man. A señora impertérrita ante a avalancha de persoas, xpídenos o visa sen pulsar unha tecla (a pantalla está negra). Cando lle digo que son “Editor Web” saltan as alarmas, que consisten nun papeliño que debo entregar á saída do país, mentres o seu quedará gardado nun deses blocs enormes onde van mantendo un exhaustivo control de visitantes… Iso si, a sala de visados apesta a marihuana, o que nos fai recordar varios trapis de “ganjah”.

Tras 4 horas interminables na fronteira, conseguimos partir, e cando pensamos que quedan apenas un par de horas… un novo control da señora Police de ZW… No momento no que un descubre o verdadeiro significado oscuro da palabra noite (non se veía absolutamente nada… non había unha farola en 20 km á redonda), fannos baixar, outra vez, ás maletas…

Con “só” 4 horas de retraso chegamos a Bulawayo, a segunda cidade de ZW máis grande pero na que tampouco existen as farolas. E menos mal que Lily tivo a ben esperarnos esas 4 horas na “estación” (a explanada ao carón da pequena oficina onde a empresa despacha os billetes). Porque xa pasaba da media noite e atoparse no medio de Bulawayo a esas horas de socato… pon algo de estrés nesas últimas horas da viaxe na que non sabiamos se ía ou non ía estar aí.

Parada en Bulawayo

Na Lilys Lodge de BUlawayo

Con Lily no Lily’s Lodge de Bulawayo

Lily era a nosa caseira, propietaria da Lily’s Backpakers Lodge. Un encanto de muller e un encanto de casa, pero pagar 70 dólares por unha noite (pensabamos que eran 35$ por habitación e era por persoa…) en Bulawayo pareceunos algo excesivo. Polo menos non nos cobrou as viaxes…

Á mañá seguinte arrincamos para Victoria Falls… Parecía sinxelo… Só eran 450km, pero costaron case 10 horas. Desta volta tocounos coa compañía Bravo Tours, moito menos fiable que ExtraCity. Dúas horas montados no bus esperando que se enchese para saír (esas interminables esperas son de verdade, ata nas liñas regulares, non só nas furgonetillas e minibuses…)

Paramos en cada aldea para deixar e recoller, e en cada parada unha marea de persoas se achegan con algo para vender. Pero a pesar do inferno, foi moi interesante. Centos de aldeíñas, tremendamente pequenas e humildes, formadas por pallozas (exactamente como as dos Ancares) sen auga nin electricidade, xacen ao carón da estrada, a arteria que une aos seus habitantes coa sociedade. Temos de compañeiros de viaxe un “driver” de elefantes e unha nena redonda preciosa que non para de dicirnos “baba” coma se fose adeus.

Pallozas as casas de Zimbabue como as dos Ancares

As casas de Zimbabue son como as pallozas dos Ancares

 

Vendedores nas paradas do bus de Zimbabwe

Vendedores nas paradas do bus de Zimbabwe

Parecía que xa estabamos ao lado. A penúltima parada era Hwange, a apenas 1 hora de Vic Falls. Entramos nun bullicioso mercado, auténtico, fantástico, pero co cabreo e o cansanzo (e a incógnita de non ter reservado hostel en Vic Falls, porque pensamos que chegaríamos de día…) non nolo deixaron disfrutar. Ademais, entre centos de millóns de persoas ofrecéndonos cousas e intentando subir ao noso autobús, descubrimos que o busero nos obriga a cambiar de bus…

Un par de blancos sudafricanos dan a nota de cor con nós, pero aí os que protestan airadamente (xa moitos iamos de pé…) eran os negros. Moitos aínda tiñan moitas horas por diante ata a metade de Zambia, e este retraso sacaba malas palabras pero sen perder o humor. Iso foi outra demostración da boa xente de ZW.

Eterna pero sempre recomendable unha viaxe coma esta (e a de volta…). E se remata un rice curry no resturante-palloza don incrible VicFalls Rest Camp, vendo o histórico 0-7 de Alemaña a Brasil na World Cup de Brasil… a viaxe pasa á categoría de máxica.

Máis África do Sur

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>