Un visita rápida e low cost á Costa da Morte

O Castelo de Vimianzo, que xa está preparado para a festa do Asalto, acolle durante todo o ano unha mostra de artesanía en vivo

O Castelo de Vimianzo, que xa está preparado para a festa do Asalto, acolle durante todo o ano unha mostra de artesanía en vivo

Supoñamos que xa coñeces “algo” da Costa da Morte e que fai tempo que non vés por aquí. Supoñamos que teu orzamento para esta visita rápida dun día é escaso ou moi axustado. E supoñamos tamén que xa sabes de sobra que esta zona está chea de recunchos gratuitos que che gustaría descubrir. Ah, e imos ter en conta que a nosa visita vai discorrer ao longo da estrada principal: AC 550.

Comezamos a visita nas Torres do Allo; no concello de Zas. Éste é un dos pazos máis antigos de Galicia e que hoxe en día está convertido nun centro de interpretación da vida nos pazos . A entrada é gratuita e durante a tempada de verán abre todos os días.

A nosa seguinte parada son os Batáns do Mosquetín. Despois de pasar por Baio, dirección Fisterra, teremos que ir atentos para atoparnos á man dereita cun indicador que nos conduce ata os batáns. Neste conxunto etnográfico, recuperado fai uns anos, comprobamos o aproveitamento da forza da auga do río Grande para mazar a lá. Sempre e cando o río leve o caudal suficiente, pódense ver funcionando. Custe da visita: 0€.

Rematada esta peculiar parada, volvemos á AC 550 rumbo Vimianzo. Pronto nos percatamos da entrada na vila, xa que o seu maxestuoso Castelo danos a benvida. Ademais, nestes momentos conta cunha decoración especial con motivo da festa do Asalto ao Castelo. Aquí temos durante todo ano unha mostra de artesanía en vivo que dá unha unha idea da tradición artesanal da comarca. Por certo, a entrada tamén é de balde.

A estas alturas da excursión económica á Costa da Morte, pode que as tripas xa comecen a soar… polo que recomendamos facer unha parada en calquera dos bares e cafeterías da vila onde vos servirán  (gratis) un saboroso pincho caseiro con cada consumición. Cabe dicir que isto non pasa so en Vimianzo, se non que calquera dos sestablecementos hosteleiros da comarca ten por costume esta práctica.

Continuamos a visita low cost á Costa da Morte dirección Cee. Este tetempé dános as forzas precisas para desviarnos ata a Cascada do Ézaro. Xusto cando cheguemos á vila ceense, atopámonos cun cruce á man esquerda ( coñecido como “o cruce de Roget”) que nos leva ata o punto no que o río Xallas desemboca sobre o mar. ¡Todo un espectáculo visual, sonoro e gratuito!

Despois da obrigada foto, volvemos de volta para Cee porque o noso estómago pide comida. A oferta gastrómica na Costa da Morte é moi variada e case en todos os restaurantes ofrecen un menú do día. A nosa suxerencia é o Restaurante Ínsua, situado na estrada principal (avenida de Finisterre, nº82, Cee), e que por 9€ ofrece unha exquisita comida caseira na que inclúen primeiro plato, segundo plato, postre (con varios platos a escoller), bebida e café.

O Resturante Ínsua, situadona avenida de Finisterre (nº 82) en Cee, ofrece un variado menú do día por 9€

O Resturante Ínsua, situado na avenida de Finisterre (nº 82) en Cee, ofrece un variado menú do día por 9€

Chegados a este punto… ¡necesitamos un momento de relax!. E para iso temos q dirixirnos de novo dirección Fisterra para facer unha parada obrigada na praia de Estorde. Sí, esa onde din que vai Fernando Torres. Toalla sobre area e… ¡Sesta free! Cada un que se tome o tempo necesario de descanso e para espabilarse, nada mellor que un chapuzón na auga. Probade, probade, xa veredes como pronto vos pasa a soneca ;)

Como a tarde vai caendo nada mellor que rematala visita low cost á Costa da Morte desfrutando do solpor no faro de Fisterra. Un momento único que nos regala a natureza e que nos deixa sen palabras para describilo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>