Un Samaín de morte en Paris

DSC_0626

O 31 de outubro é un día único no ano, ainda que cada país celébrao dunha forma diferente. Este ano decidín ir a un sitio moi especial: Paris.

E diredes, que terá París de especial para min ese día? Pois as Catacumbas de París.

Debaixo da tan recoñecida cidade existe unha rede de 300 quilómetros de túneis que se crearon na época romana. Nos seus comezos, ditos túneis eran a canteira de pedra caliza que se usaba na construcción dos monumentos e edificios da cidade.

Despois dunha serie de derrumbamentos, a canteira foi fechada no que se pensaba que sería para sempre.

Pero esto cambiou no século XVIII cando en Paris os cementerios enchéronse e, ao mesmo tempo, ditos cadáveres causaban máis víctimas por enfermedades debido a contaminación do mal tratamento dos corpos.

Decidiron así pasar os ósos dos cementerios parisinos á antiga canteira da cidade.

O cálculo dos cadáveres que descansan nas catacumbas de París non é exacto, pero estímase en 6 millóns de parisinos.

Impresiona o bo estado de conservación dos ósos e, ainda que non está aberta ao público toda a rede de túneis (só se poden visitar 2 km), acaba resultando intimidante os metros e metros de murallas de ósos humanos. 

Visita non recomendada a xente sensible, claustrofóbicos e quen esté viaxando con nenos.

Un consello: ir con moita paciencia porque a fila é largísima. Non te libras de, polo menos, un par de horas de espera.

DSC_0654

Unha reflexión sobre “Un Samaín de morte en Paris

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>