Un paseo pola grandiosa San Petersburgo

Por moito que che conten e amosen instantáneas de San Petersburgo, nada é comparable á grandiosidade arquitectónica que te envolve cando pisas a que fora capital do Imperio Ruso durante 206 anos.

Os dous días enteiros que pasei en San Petersburgo deixeime embargar totalmente pola historia dunha cidade relativamente recente, nacida da nada hai apenas tres séculos e como consecuencia da idea do seu primeiro zar, Pedro I O Grande, de construír a capital do Imperio ruso, unha sorte de espello de poderío no que se mirase Europa. Certamente os plans de Pedro eran abrir Rusia a Europa, sendo a cidade a porta dunha gran capital portuaria e base naval frente ó golfo de Finlandia no Mar Báltico.

Considerada coma unha das ciudades máis fermosas de Europa e bautizada como a Versalles do Norte, os seus gradiosos palacios e igrexas ortodoxas da época zarista contrastan coas súas vivendas comunais da época comunista –edificios de gran altura no que as familias ocupaban a mesma vivenda tendo cada unha delas unha habitación, pero sendo a cociña e os baños as partes compartidas-.

A primeira construción de San Petersburgo foi a cidadela de protección, a Fortaleza de Pedro e Pablo –situada na illa Petrogradski- e precisamente os turistas acostuman a comezar a súa visita nela, non sen antes facer unha parada para tirar fotos no cabo da illa Vasiliesky, desde onde se pode divisar unha magnífica panorámica do Río Neva na súa parte máis ancha. No centro de dita fortaleza atópase a catedral de San Pedro e San Pablo, o edificio máis alto da cidade que alberga as tumbas da última dinastía de zares rusos, os Romanov.

A seguinte parada lévanos ó mundialmente coñecido Museo Hermitage, un dos máis grandes do globo e compendio de tres elementos como son o maxestuoso conxunto arquitectónico dentro do cal están repartidas as súas coleccións; estas mesmas que conteñen milleiros de monumentos de arte e da cultura mundial e o pasado histórico do Ermitage ligado o xurdimento, florecemento e ocaso da residencia zarista de San Petersburgo.

O Ermitage

As soberbias coleccións do Museo de Ermitage están repartidas entre cinco edificios diferentes: o Palacio de Inverno, o Pequeno Ermitage, o Gran Ermitage, o Novo Ermitage e o Teatro do Ermitage. Situado en pleno centro de San Petersburgo, nel conviven, máis que en ningún outro, Historia e Arte; xa que nas súas salas -creadas polos arquitectos máis eminentes do mundo- pódense contemplar as máis espléndidas obras de arte do xenio humano e concretamente o Palacio de Inverno foi ademáis durante máis dun século e medio a residencia oficial dos zares de Rusia.

A data da creación do museo remóntase ó ano 1764, cando un comerciante berlinés lle propuxo á corte rusa unha colección composta por 225 cadros, maiormente de pintores holandeses e flamencos do século XVII. Precisamente esta colección serviu de base á nova galería da emperatriz rusa Catalina II. Por orden do seu neto, Nicolás I, entre 1832-1852 levantouse o museo que completou o conxunto arquitectónico da residencia imperial, albergándose nel os tesouros da coroa imperial. Na actualidade, as coleccións do museo contan con máis de 3 millóns de obras de arte, despois de ter pasado por guerras e revolucións, incendios e ventas das súas mostras.

Igualmente, a organización das exposicións é, sen dúbida, a esfera fundamental da actividade do Ermitage. Todos os anos unhas vinte exposicións novas son inauguradas nas salas do museo. Gran número de mostras se organizan en diferentes cidades de Rusia e no estranxeiro. En cambio, os amantes do arte de San Petersburgo teñen a posibilidade de deleitarse con numerosas obras de arte procedentes dos máis grandes museos de Europa, de Estados Unidos e de Xapón que se exponen por intercambio nas salas do Ermitage.

Así, por destacar parte do seu tesouro, por unha banda, unha das principais coleccións de arte italiano do mundo ocupa máis de trinta salas do Ermitage. Nel danse a man obras mestras dos grandes artistas do Alto Renacemento: Leonardo da Vinci, Rafael, Tiziano ou Miguel Ángel. Igualmente, a colección da pintura flamenca e holandesa no mesmo ocupa un dos primeiros lugares do mundo pola súa calidade e plenitude. Non faltan as obras de Rembrandt e Rubens. Ademais, o Ermitage posee unha das maiores coleccións de arte francés da segunda metade do século XIX –principios do XX, representado por lenzos de primeirísimos pintores que abarcan as principais correntes dese período: impresionismo, postimpresionismo, cubismo, etc, repressentadas nas obras de Claude Monet, Auguste Renoir, Paul Cézanne ou Vincent Van Gogh.  Finalmente, as salas da pranta baixa do Novo Ermitage están adicadas ó arte grecorromano.

A modo de guinda arquitectónica, o Palacio de Inverno mira cara a Praza que lle dá nome e que señorea o centro histórico da cidade, convertíndose na coroa arquitectónica da capital norteña de Rusia.

Catedral da Resurrección

Tras un auténtico empacho de arte, a excursión prosigue ata un dos principais puntos de interese da que fora capital de Rusia e cuxa imaxe todos temos na retina aínda que non coñezamos o seu nome, ou alomenos a min pasoume así. Trátase da Catedral da Resurrección, tamén coñecida como a Igrexa da Sangre Derramada. A modo anecdótico contareivos que a Igrexa erixiuse e recibiu o nome porque nese lugar morriu o zar Alejandro II víctima dun atentado o 13 de marzo de 1881. A partir dese momento, todo o construído ten un porque nela: a súa altura de 81 metros polo ano da norte do zar, os 62 metros da cúpulas laterais pola idade do mesmo cando faleceu, etc.

De cúpulas bulbosas e mosaicos na fachada, esta igrexa que personifica o templo ortodoxo ruso, garda un interior sorprendente decorado con frescos, lámparas de cobre e prata, iconos e chans con incrustacións de ata 20 minerais distintos.

Aínda que a impresión ó chegar a ela e importante, a medida que vas avanzando por esta cidade de 5 millóns de habitantes, daste conta de que na esquina máis inesperada te podes atopar cun novo lugar de culto de características similares.

Está claro que San Petersburgo da para tirar de liñas, e como considero que é mellor ir saboreándoo pouco a pouco, aquí remata o primeiro post relativo a esta cidade maxestuosa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>