Turismo ornitolóxico no Delta do Ebro

Pescadores na desembocadura do Delta do Ebro

Pescadores na desembocadura do Delta do Ebro

Esta primavera estivemos de ruta pola Costa Dourada e aproveitamos para achegarnos ata o parque natural do Delta do Ebro. Con máis de 7 mil hectáreas, é a zona húmida máis extensa en terras catalás, e o segundo hábitat acuático máis importante de España, logo de Doñana. As súas paisaxes arroceiras, as dunas, lagoas e o seu valor ambiental converten este espazo nun enclave moi atractivo.

Delta do Ebro

O delta é o segundo hábitat acuático máis importante de España

Pero se hai algo relevante neste parque natural é a súa avifauna, xa que o delta está enclavado nun punto estratéxico da ruta migratoria de moitas aves que se desprazan polo Mediterráneo occidental. Precisamente esa peculiar situación xeográfica convérteno nun excepcional refuxio ornitolóxico, tanto para aves propias de zonas húmidas como costeiras.

Unha das especies máis emblemáticas do delta do Ebro son os flamencos

Unha das especies máis emblemáticas do delta do Ebro son os flamencos

A mellor época do ano para observalas é no outono. Durante os meses de outubro e novembro, cando os campos de arroz permanecen encharcados trala época de colleita, miles de aves acuáticas inician a súa invernada ou pasan uns días en migración. Calcúlase que o delta acolle a unhas 300.000 aves,  de 300 especies distintas. Unha das máis emblemáticas son os flamencos.

Delta

A mellor época do ano para observar aves é no outono

A formación do delta pode parecer dunha orixe xeolóxica moi afastada, nembargante nos mapas da época medieval e comezos da era moderna este apéndice da Península non existía.  Foi a deforestación da conca interior do Ebro o que supuxo un incremento da erosión dos solos e polo tanto dos sedimentos aportados polo río á súa desembocadura. Esta situación estase invertendo radicalmente a partir da construción de pantanos polo que o delta atópase nunha importante regresión do territorio ao faltarlle derrubios que o alimenten.

Desembocadura do Delta do Ebro

Desembocadura do Delta do Ebro

Nós comezamos a ruta polo parque na punta do Fangar -unha zona desértica e areosa que constitúe un dos sistemas dunares mellor conservados do litoral catalán- e rematamos na desembocadura, lugar no que se atopan a illa de Buda e a de Sant Antoni e onde se fusionan a auga doce do río e a auga salgada do mar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>