Vigo

Fin de semana | Gálgala, restaurante vexetariano en Vigo

galgala

A próxima vez que vos toque escoller sitio para cear en Vigo, non o dubidedes: Gálgala. Apto para vexetarianos fartos de tortillas e ensaladas 3 delicias –Ubi inventou este concepto despois de probar máis de 1.000 ensaladas por toda Galicia a base de leituga, tomate e cebola–, ou para calquera que se atreva a descubrir unha cociña “imaxinativa, multicultural e inesperada”.

Seguir lendo

Nadal 2014 en Vigo

Nadal_Vigo

Non sei se me gusta o Nadal ou non. Supoño que si: a familia, as enchentas, os regalos… Pero tamén gardo recordos de todo tipo destas datas. E anóxame esa rutina que nos leva ao Corte Inglés xusto despois de que prendan as luces.

Vigo acendía este luns as luces de Nadal. Ata o día de Reis podedes vivir as festas patinando nunha pista de xeo ou percorrendo os mercados de Nadal nos que comprar regalos que non atoparedes nos centros comerciais. Seguir lendo

Un castelo no centro de Vigo

castelo San Sebastian Vigo

Vista dende unha das garitas do Castelo de San Sebastián

Facede un comentario os que sabiades que no centro de Vigo hai un Castelo. En realidade hai 2, o de San Sebastián e o do Castro. O segundo está ‘tapado’ por un antigo restaurante que está a punto de emigrar a Inglaterra; surrealismo arquitectónico supoño.

Pero hoxe toca descubrir o Casco Vello Alto de Vigo e o Castelo de San Sebastián. Xa sabedes que non necesitamos moito máis que equipaxe de man para viaxar porque, entre outras cousas, temos a teima de chamar a atención sobre lugares á porta da casa que merecen visita.

Seguir lendo

Mar

Mar

Circuíto Galicia ao completo

O pasado mes de marzo puiden desfrutar do circuito polas Rías Baixas que gañei grazas ao concurso de Turgalicia, ViveGalicia, denominado “Galicia ao Completo”. A verdade que foron sete días fantásticos de disfrute dun paseo en barco, de pobos enxebres, largos paseos, boa gastronomía… Podía decir de descanso, pero a verdade non deu tempo a descansar moito.

Este circuíto comezou, despois dun primeiro día líbre, con unha visita a Vigo, cidade industrial e cosmopolita donde subimos ao mirador do Castro e desfrutamos da panorámica da cidade. Logo desfrutamos dun polbo a feira no mercado da Pedra. Pola tarde, visitamos o pobo de O Grove, unha villa típicamente mariñeira e turística, coñecida como o paraíso do marisco.
Seguir lendo