viaxe

Do it yourself “mapamundi”

Cada vez que queiras planear unha viaxe, bota un vistazo ó mapamundi, sempre te pode inspirar

Cada vez que queiras planear unha viaxe, bota un vistazo ó mapamundi, sempre te pode inspirar

Hai anos que o teño en mente, e por fin conseguín atopar unha tarde para ver realizado un dos meus desexos; montar un mapamundi sinalizado nos puntos xeográficos nos que estiven, acompañado de recordos traídos deses distintos destinos (postais, billetes, marcapáxinas, tickets de entradas, imáns, etc).

Seguir lendo

Apps útiles para viaxeiros conectados

Minube

Miles de viaxeiros comparten a súa experiencia en Minube

Moitos de vós estades de vacacións e algúns collerémolas nos vindeiros días :) polo que se andades preparando a vosa viaxe aquí vos deixo unha listaxe de aplicacións que vos van ser moi útiles á hora de planificala, xa que cada vez somos máis os viaxeiros conectados que botamos man do noso smartphone para consultar restaurantes, vós, hoteis, alugueres de coches, rutas, praias, o tempo, wifis …

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de bitácora (IX)

Equipo costeiro con Rosa e Aya en Hebron

Equipo costeiro con Rosa e Aya en Hebron

16 de agosto de 2011

De Nablus a Hebron, ou Al Hilal, despois de coller un taxi compartido, un “service” (furgoneta para viaxeiros que sería ideal para unha zona como a da Costa da Morte), atravesar o checkpoint de Qualqiya a pé, e coller un bus ata Xerusalem, un novo cara Belén, e outro “service” ata Hebrón. Toda unha tarde para 80 quilómetros de distancia entre dúas cidades palestinas.

Seguir lendo

Preparando a maleta e o botiquín

Os que me coñecen ben, saben que ultimamente me preocupa este tema dos productos farmaceúticos. Enlazando esta nova preocupación coas viaxes, percateime de que na miña experiencia de viaxeira case sempre tiven algún percance (de pouca importancia) que me obrigou a buscar unha farmacia de garda. E a ti, tamén che pasou algunha vez? Pois imos aprender a facer o botiquín de viaxe. Seguir lendo

Ubi

Ubi