verán

A maleta dunha blancucha adicta ao traballo

Maleta Vicky1. Sombreiro e lentes de sol. Os guiris praieiros e eu compartimos un mesmo xene, non sei cal é, pero para a nosa especie toda protección solar é pouca. Sombreiro e lentes de sol son dous básicos, iso si, as lentes sempre por dous, as “baratiñas” para a praia e as graduadas para todo o demais. Seguir lendo

Unha maleta para 2 semanas de verán…

 

IMG_20150630_102234Para este mes de xullo, teño 2 semanas de vacacións. Recoñezo que non será unha equipaxe de man, máis ben, un maletón para 14 días fóra, 3 lugares distintos, con planes turísticos, días de praia e citas familiares. Ademáis, sin ter que facturar, a miña, será unha maleta do máis variada:

Seguir lendo

Equipaxe de man é festivaleiro

Parece mentira pero este que vén xa é o segundo verán de Equipaxe de Man. Aínda que o incrible é que a calor estea ás portas de Galicia. Descubrirá que estas abren para dentro, confiade. E en todo este tempo intentamos revelarvos cantos descoñecidos para algúns; compartir as nosas vacacións; suxerirvos plans interesantes, relaxantes e de singulares paraxes, a poder ser, a partes iguais. Para os máis traballadores, co verán chegou o momento de poñer en práctica as nosas recomendacións e hai un plan que debedes incluír na vosa axenda: un festival. Tras o repaso do ano pasado, o equipo deste blog suxire os seus favoritos, porque Equipaxe de man é festivaleiro! Seguir lendo