uyuni

7 Visitas imprescindibles en Bolivia

IMG_2101

Xa van a facer uns cinco anos despois do meu paso por América do Sur, un ano no que gracias a unha bolsa Erasmus Mundus puiden traballar e dar clase na Universidade Nacional de Tucumán en Arxentina, e como tal, disfrutar dunhas boas vacacións de profesor universitario.

Non era de recibo aproveitar esas vacacións para vir á casa a ver á familia, que a familia sempre estará, pero na Arxentina non é que se poidan pasar moitas tempadas na vida. Decidín entón facer unha viaxe de máis dun mes que me levaría polo Noroeste Arxentino, Bolivia, Perú, Chile e volta a Tucumán.

Unha viaxe na que en cada parada se ía sumando xente de todas partes do mundo, ata chegares a ser máis de 8 compañeiros na cúspide, no Machu Picchu.

Nesta entrada de hoxe quixera compartir con vós cómo foi cruzar Bolivia, un territorio incrible, cunha paisaxe surrealista que combina deserto, salares, selvas e formas imposibles. Seguir lendo