turismo saudable

Máquinas expendedoras saudables para os viaxeiros do futuro


Nada, non podía ser doutro xeito. JaviMOS pásao en grande indo dun sitio para outro, aínda que non sexan infinitos kilómetros… pero sempre que sexa por algunha boa razón. Cales son as miñas razóns preferidas? Pois ademais da paisaxe, das xentes do lugar, e de como sexa de interesante o propio traxecto ata chegar alá… sobre todo eu miro o tema da papatoria! ;)

Mágoa que nos últimos tempos xa non teña o apetito de antaño… en parte porque dende que empecei co proxecto #AdelgazaMOS o primeiro que conseguin foi moderarme nas inxestas. Pero eso non significa que deixe de apreciar as viandas, case diría que todo o contrario…
Seguir lendo