tour

A Costa da Morte, con “Discover Galicia”

IMG_0657

Muxía

O outro día Cris, falábanos duns tours por Lisboa e eu hoxe quería falarvos de tours pola nosa terra. Pero non eses tours guiados de grandes autocares, horarios de recollida e decenas de xente, senón dunha compañía que ensina o mellor de Galicia a viaxeiros de todo o mundo, en grupos reducidos, dunha forma amena e cun trato case familiar. Esta é Discover Galicia. Esta compañía fórmana varios guías que ofrecen visitas guiadas a Costa da Morte, Rías Baixas ou fronteira con Portugal, pero aos que tamén lle podes pedir un tour á carta.

Seguir lendo

O tour do Bernabeu

Vista dende as gradas do Estadio Bernabeu

Vista dende as gradas do Estadio Bernabeu

Comezamos con estatística para falar dunha das cidades europeas máis visitadas: Madrid. Segundo o INE, no 2010 a comunidade madrileña tivo más de 10 millóns de turistas e 20 millóns de pernoctacións. Xa no 2011 os datos baixaron un pouco; ainda que se rexistraron 8,3 millóns de visitas turísticas. E… ¿sabes cal é un dos lugares máis visitados de Madrid?

Seguir lendo