segredos

Refugio de Verdes-Coristanco

2484106262_c31e12d440_oComo ghallegha orghullosa da miña terra, ainda que esté lonxe non hai cousa coma ela. Un dos meus sitios favoritos é o Refugio de Verdes, no concello de Coristanco (A Coruña).

O Refugio de Verdes convertiuse nunha zona de recreo, con muiños restaurados, varias churrasqueiras e mesas de pedra ou de madeira para ir pasar un día marabilloso. Todo esto ben integhrado no entorno pa que a maxia non deixe de sorprendernos.

Seguir lendo

Cousas que facer na Coruña “by de face”

Embarcacións no porto da Marina

“Cidade na que ninguén e de fóra”, “cidade herculina”, “cidade atlántica” “cidade de cristal”… Son numerosos os calificativos ou as características que definen á cidade da Coruña e que están na mente de todos. Todas esas caras configuran unha cidade poliédrica na que é posible facer “case” de todo, e por encima, moitas desas cousas son gratis. Se o queredes comprobar seguídeme.

Seguir lendo

Mar

Mar

Budiño de Serraseca: un sitio para agocharse en Semana Santa

Budiño de SerrasecaAcendo o coche, destino ao repouso. Un quilómetro, outro, e outro despois; van marchando á velocidade dos meus pensamentos. E así, rápido, na volta dunha man, un camiño estreito, valados de pedra, unha pista de terra e, de repente… unha casa de pedra moi preto do río Broi, encaixada nun val cheo de verdes, de humidade, de segredos, de paz, de fin do mundo preto de todo. E tan preto! Budiño de Serraseca é unha casa de turismo rural en Viladesuso, no concello de Oia, entre Baiona e A Guarda, a tiro de pedra de Vigo e do país veciño.

Seguir lendo

Nace BLUSCUS, a primeira axencia especializada en turismo mariñeiro de Galicia

si

O pasado sábado botaba a andar a primeira axencia online especializada en promocionar o turismo mariñeiro de Galicia, Bluscus. Co lanzamento do portal www.bluscus.es materialízase a posibilidade de participar en actividades de inmersión na cultura galega, a través da contratación de experiencias gastronómicas, náuticas ou marisqueiras singulares ou características das zonas do litoral.

Seguir lendo

SOS – Onde están as miñas estrelas? (por @JPineiroP)

San Vicente del Mar

Illa de Ons dende San Vicente do Mar antes de saír a lúa. As luces de Pontevedra e Vigo de fondo. [14/Ago/2014]

Lembro de pequeno esas noites de verán en San Vicente do Mar, cando alí había catro casas e as noites eran escuras. Podías quedar coa boca aberta durante horas mirando a un ceo que te devolvía coa Vía Láctea un sutil sorriso (mellor que o da Mona Lisa), rodeado de centos de estrelas. Seguir lendo