santander

Ubi

Ubi

Unha viaxe ao berce dos sobaos pasiegos

Os verdes praus protagonistas dos Vales do Pas-Cantabria-Foto-Juan Gomez

Os verdes praus protagonistas dos Vales do Pas, en Cantabria. Foto: Juan Gomez

Sempre tiven curiosidade por saber dende onde viña iso de Sobaos Pasiegos. I é que dende que por motivos familiares teño unha vinculación con Santander, non hai ano que non disfrute de varios almorzos a base dos marabillosos sobaos de “Gómez”.

Non hai moito tivemos unha nova excursión familiar e tocou unha fermosa ruta polos vales do Pas, do Pisueña e do Miera, tres ríos que vertebran e describen á perfección o monte cántabro. Os “praus” locen verdes, as vacas mouras, as montañas rochosas e os ceos grises, deixando unha verdadeira estampa de norte peninsular.

Seguir lendo