Salamanca

De ruta pola Peña de Francia e A Alberca

A Praza Maior da Alberca

A praza maior d’A Alberca é o punto máis concorrido do pobo e un dos máis fermosos

Non abandonamos aínda a provincia salmantina –nos anteriores posts visitamos Salamanca e Las Arribes del Duero- e desta volta dirixímonos cara o sur para subir ata a Peña de Francia, un monte de 1.723 metros de altura que marcará a súa silueta durante todo o noso camiño. Tamén visitaremos un dos pobos con máis encanto do territorio español: a Alberca.

Seguir lendo

Las Arribes, un balcón ao Douro

O miradoiro Peña de Águila está situado a uns tres quilómetros da poboación de Mieza

No anterior post quedaramos en Salamanca, concretamente cun bocata de xamón ibérico nas mans. Este é o momento de metelo na mochila e poñer rumbo cara Las Arribes del Duero. Situado no oeste de Zamora e Salamanca, onde o Douro fai fronteira con Portugal, o parque natural Arribes del Duero é un espazo natural privilexiado no que destacan a beleza da súa paisaxe granítica e unhas ricas e variadas floras e fauna.

Seguir lendo

Salamanca, cidade dourada

A Praza Maior de Salamanca está considerada unha das máis belas do mundo

Este verán non foi como quixera en canto a viaxes pero puiden “revisitar” unha cidade que hai anos me conquistou: Salamanca. Xa sabedes que son das que penso que as cidades débense andar, patear, admirar e tocar con sensibilidade, e Salamanca non é menos. E teño que comezar pola Praza Maior, xa que aínda que Vicky, Adriana e Tugui xa vos levaron por ela, non podo non falar da praza máis fermosa de España e unha das máis belas do mundo. Algo así como o quilómetro cero da cidade, tal e como funciona a vida en Salamanca e se encontra configurada a urbe, haberá que pasar por ela con reiteración e os viaxeiros non poderán deixar de admirala unha e outra vez e gozar do seu ambiente, cambiante ao longo da xornada.

Seguir lendo

Postais de España: Praza Maior de Salamanca

Deixarte envolver pola beleza dos edificios que podes ver xirando a cabeza cara calquera dos catro puntos cardinais ou polo bullicio da xente que charla animosamente -de pé, sentada nunha das súas terrazas ou mesmo sobre as frías lousas- dentro do cadrilátero é o sentir propio do que se achega á Praza Maior de Salamanca. O mesmo Miguel de Unamuno, que facía a súa tertulia diaria na terraza que ten na mesma o Café Novelty, definíaa como “Es un cuadrilátero. Irregular, pero asombrosamente armónico”.

Seguir lendo

En familia hasta Extremadura (I): Mamá y Bejar

Iglesia del Salvador- Bejar

Iglesia del Salvador- Bejar

Como si de los viejos tiempos se tratase, cerramos las maletas y allí que nos metimos en el coche mis padres, mi hermana y yo. Nos quedaban unas nueve horas por delante y, cómo no, para mi padre “habíamos salido demasiado tarde” y “llevábamos demasiado equipaje”. Mi padre, como podía haber dicho cualquier otro padre. Seguir lendo