rutas

Ubi

Ubi

Da pillería mozambiqueña e a humildade de Zimbabue, á hostilidade sudafricana

Oscar tratounos de luxo no estupendo VicFalls Rest Camp de Zimbabue

Oscar tratounos de luxo no estupendo VicFalls Rest Camp de Zimbabue

Sudáfrica, Zimbabue e Mozambique. Eses foron os 3 destinos da nosa viaxe de 3 semanas no verán de 2014. E sen ánimo de xeralizar nin de sentenciar, quería facer unha reflexión sobre as personalidades que entendimos atopar nos tres países. Tres modos de actuar, de recibirnos, curiosamente diferentes, tendo en conta a súa proximidade.
Seguir lendo

Ubi

Ubi

Unha viaxe ao berce dos sobaos pasiegos

Os verdes praus protagonistas dos Vales do Pas-Cantabria-Foto-Juan Gomez

Os verdes praus protagonistas dos Vales do Pas, en Cantabria. Foto: Juan Gomez

Sempre tiven curiosidade por saber dende onde viña iso de Sobaos Pasiegos. I é que dende que por motivos familiares teño unha vinculación con Santander, non hai ano que non disfrute de varios almorzos a base dos marabillosos sobaos de “Gómez”.

Non hai moito tivemos unha nova excursión familiar e tocou unha fermosa ruta polos vales do Pas, do Pisueña e do Miera, tres ríos que vertebran e describen á perfección o monte cántabro. Os “praus” locen verdes, as vacas mouras, as montañas rochosas e os ceos grises, deixando unha verdadeira estampa de norte peninsular.

Seguir lendo

Refugio de Verdes-Coristanco

2484106262_c31e12d440_oComo ghallegha orghullosa da miña terra, ainda que esté lonxe non hai cousa coma ela. Un dos meus sitios favoritos é o Refugio de Verdes, no concello de Coristanco (A Coruña).

O Refugio de Verdes convertiuse nunha zona de recreo, con muiños restaurados, varias churrasqueiras e mesas de pedra ou de madeira para ir pasar un día marabilloso. Todo esto ben integhrado no entorno pa que a maxia non deixe de sorprendernos.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Polonia – Rumanía (VIII): U-la maioría xitana en Rumanía?

Imaxe da zona da barriada xitana preto de Floresti Rumania

Imaxe da zona da barriada xitana preto de Floresti

Unha das cousas que máis nos chamou a atención soberanamente durante os primeiros días en Rumanía, foi a escasa presencia de poboación xitana. Sen ningunha clase de prexuizos, que tanto un vasco coma un galego somos moi respectuosos para esas cousas, criamos que nos iamos atopar un país no que a etnia xitana fose, cando menos, relevante. I é que gran parte dos emigrantes rumanos en España son desta etnia, e claro, a impresión que temos por aquí é que media Rumanía é xitana.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Polonia-Rumanía (VII): Entrando nas terras de Drácula

Metidos en casa coas duas polacas dunha familia rumana

A hospitalidade das familias rumanas é tremenda. Aquí, un par de polacas, un vasco e un galego xa metidos nunha casa

Por fin. 3 semanas despois da partida chegamos ás terras de Drácula. I é que malia que entramos pola rexión de Crisana, pronto nos adentraremos en Transilvania, un deses nomes que chama a atención por si só.

Seguir lendo