Rinlo

Excursión polas Rías Altas I: Ribadeo

Praia das Catedrais

A Praia das Catedrais so pode percorrerse nas horas de baixamar

As coñecidas Rías Altas abarcan toda a costa de Lugo e a parte norte e noroeste da provincia da Coruña. Nalgúns lugares inclúen nesta denominación o espazo que vai dende A Coruña ata Ribadeo, e dende a cidade herculina ata Fisterra –o que ven sendo a Costa da Morte-. Eu ocupareime ao longo de varios posts da primeira zona, xa que son as Rías Altas propiamente ditas, para percorrela dando pequenos saltos. Vai ser unha ruta por este tramo da costa galega na que non van faltar faros, cabos, natureza, acantilados e sobre todo praias, dende grandes areais a pequenas calas. Seguir lendo