praias

Ubi

Ubi

Detrás do temporal

A Punta da Barca, en Muxía, énchese de espectadores cada temporal-Foto-Rubén Prieto de SurfCostadaMorte

A Punta da Barca, en Muxía, énchese de espectadores cada temporal-Foto- rubenprieto.com

Cada día, vemos como as novas relacionadas coa información meteorolóxica cobran máis e máis interese. Comprobámolo coa de minutos que medrou a sección do Tempo no Telediario (Pemán despachábao nun par de minutos coma ninguén), co nacemento de novas webs tremendamente actualizadas como 4gotas.com, ou facéndonos habituais a termos como “Cicloxénese explosiva”, que ben Mario Rodríguez nos explica en que consiste. Cantos sabemos de súpeto interpretar os mapas de isobaras?!

Seguir lendo

Quince días en agosto

Ilha de Tavira“… total, día tras día traballando. E eu pregúntome para que?, para conseguir ao final de ano quince días?, quince tristes días de vacacións?, quince días para esquecer o resto dos días que pasas traballando? Quince días para non perder un segundo, con moitas présas, moitas présas. Quince días en agosto, quince días na praia, quince días como anos… ” E este verán eu sumeime ao rabaño. Quince días en agosto e a segunda semana en Albufeira (Algarve, Portugal). Pero mesmo os clásicos do turisteo teñen escondedoiros de paz. Seguir lendo

Ana

Ana

O meu Sanxenxo (en setembro)

Atardecer na praia de Silgar en Sanxenxo

Aviso: a risco de ser a autora máis impopular deste blog, neste artigo vou a romper unha lanza a favor de Sanxenxo, ese ecosistema das Rías Baixas galegas que provoca sensacións encontradas en xente de todo tipo. A meca do turismo en Galicia. Amores e Odios. Aquí non hai punto intermedio, pero o caso é que todos pasamos algunha vez por Sanxenxo. Ou non? Seguir lendo

Barcelona, cidade de contrastes

Por moitas veces que visites Barcelona, sempre che da a sensación de que che quedan rincóns por descubrir. A longa historia desta cidade e o seu rango de capital de Cataluña fan dela un destino cheo de lugares interesantes. O número de museos, de salas de exposicións, de parques urbanos, de edificios notables e de lugares históricos ou emblemáticos é enorme, e son relativamente poucos os propios barceloneses que os coñecen todos.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Non leves a toalla á Gran Duna de Corrubedo

Gran duna de Ferreira, Corrubedo

Non leves a toalla á gran duna de Ferreira, a duna de Corrubedo, que non ten saída

Lembraba eu unha visita de cativo ás dunas de Corrubedo. E a impresión que tiña era do mesmo deserto. Unha duna xigante, pola que nos tirabamos a rolos os pequenos mentres os maiores cargaban todo o equipo dominguero para chegar á praia da Ladeira.

Seguir lendo