Pontevedra

Combarro

Combarro

Foto @idozov de @_ATDP_

Se algún día ordeamos os artigos cronoloxicamente, este iría antes do quen somos. Combarro foi o sitio escollido para dar un paseo, cear e conversar, para buscar a sorte o día antes dunha entrevista de traballo que me ía levar á Costa da Morte; era decembro do 2011. Despois viñeron 12 meses tan intensos que boa parte dos que aquí escribimos, decimos que o que alí xurdira tiña que permanecer unido dalgún xeito. Seguir lendo

Circuíto Galicia ao completo

O pasado mes de marzo puiden desfrutar do circuito polas Rías Baixas que gañei grazas ao concurso de Turgalicia, ViveGalicia, denominado “Galicia ao Completo”. A verdade que foron sete días fantásticos de disfrute dun paseo en barco, de pobos enxebres, largos paseos, boa gastronomía… Podía decir de descanso, pero a verdade non deu tempo a descansar moito.

Este circuíto comezou, despois dun primeiro día líbre, con unha visita a Vigo, cidade industrial e cosmopolita donde subimos ao mirador do Castro e desfrutamos da panorámica da cidade. Logo desfrutamos dun polbo a feira no mercado da Pedra. Pola tarde, visitamos o pobo de O Grove, unha villa típicamente mariñeira e turística, coñecida como o paraíso do marisco.
Seguir lendo