palacio real

10 cousas que facer gratis en Madrid

Madrid1.Parques para ir de picnic, facer deporte ou tombarse a ler. A canción non mentía. ” Podéis tener Retiro, Casa Campo o Ateneo (…) vaya vaya aquí no hay playa! vaya vaya!” En Madrid non escoitas o mar nin cunha cuncha na orella, pero será por parques na capital, Casa de Campo, Parque del Oeste, Retiro, Madrid Rio, o Templo de Debot, a Quinta de los molinos ou o Cerro del Tío Pio (coñecido como o Parque de las Siete Tetas) son algúns deles. Poderás pasar infinitas tardes sen gastar un duro ou aburrirte. De balde é tamén o meu consello: coidado no Retiro que os paxaros están excesivamente ben alimentados (os peixes tamén pero estes só dan medo). Seguir lendo