os ancares

The password is “Reboleira”

AReboleira

Chegou a Semana Santa sen avisar con tempo e tocou escapar co compañeiro de sempre ao sitio de moitas veces. “Tendo en conta as datas haberá que reservar non? Chamo a algún sitio?”… “Confía!”. O Xoves Santo pola mañá adicamos unha hora a confirmar que non somos os únicos aos que lles presta visitar o Caurel. E foi mellor así. Xa reservaramos no Pontón e en Casa Veva; só quedaba dar, por casualidade, co Albergue A Reboleira en Fonfría, Pedrafita do Cebreiro.

Seguir lendo

Fin de semana no Hotel Pontes de Gatín, Os Ancares

panoramica-ancares

Panorámica dos Ancares

Se falamos de fronteiras xeográficas, os Ancares encarnan unha das máis claras mostras de como unha paisaxe pode determinar a diferencia entre dúas terras, dúas personalidades, dous climas, a de Galicia, e a de León.

En Equipaxe de man estamos a celebrar os 2 anos de vida convidándovos a pasar unha noite no Hotel Pontes do Gatin, nos Ancares. Só tedes que dicirnos aquí, con que sitio da zona vos quedades. Seguir lendo