O Pontón

Sitios sen carta e con café de pota

casaveva

Foto casaveva.com

Eu que son un freelance que traballa nun espazo de coworking, dígovos que non están de moda nin os salarios nin as vacacións pagadas. O que se leva son as escapadas para as que só se necesita un destino (nin iso é obrigatorio) e moi poucas expectativas.

A primeira fin de semana de setembro meus pais volveron a enfadarse comigo porque non pensaba pasar pola casa; aceptara unha fin de semana que comezaba por un concerto de Kepa Junkera en Vilameñe (Taboada) e que ninguén imaxinaba como ía rematar.

Seguir lendo

Fin de semana | O Pontón

O Pontón está situado en Ferreirós de Abaixo e ocupa o que foi unha antiga ferrería

A miña recomendación gastronómica desta semana discorre polas sinuosas estradas do Courel, concretamente a que vai de Folgoso do Courel a Seoane (LU-651), á altura de Ferreirós de Abaixo, lugar onde se atopa O Pontón. Trátase dunha cantina de madeira que ocupa o que foi unha antiga ferrería, polo que xa ides imaxinando o fermoso que é este lugar.

Seguir lendo