O Caurel

The password is “Reboleira”

AReboleira

Chegou a Semana Santa sen avisar con tempo e tocou escapar co compañeiro de sempre ao sitio de moitas veces. “Tendo en conta as datas haberá que reservar non? Chamo a algún sitio?”… “Confía!”. O Xoves Santo pola mañá adicamos unha hora a confirmar que non somos os únicos aos que lles presta visitar o Caurel. E foi mellor así. Xa reservaramos no Pontón e en Casa Veva; só quedaba dar, por casualidade, co Albergue A Reboleira en Fonfría, Pedrafita do Cebreiro.

Seguir lendo

Mar

Mar

Parada do Caurel

CaurelUn día, non hai moito tempo, alguén a quen aprezo sen condicións, suxeriume escribir para un novo blog de viaxes; e, de xeito moi rápido, case sen darme conta, xa teño un documento en branco que podo encher con palabras, con historias de sitios distintos, pero sobretodo, con retallos da miña vida.

Seguir lendo