muro

Ubi

Ubi

Wall Street vs Chinatown

Wall St Edificios novos e vellos

Edificios novos e vellos conviven en Wall St.

Unha vez que temos percorrido a zona de Chelsea nun completo día pola Gran Mazá, temos tomado un brunch cos hispters de Williamsburg, despois de bailar na misa de Harlem, e antes de montarnos no obrigatorio e gratuito Ferry a Staten Island, tócanos disfrutar dun dos lugares con máis contrastes de todo NYC. Seguir lendo

Revisitando Berlín

Torre da televisión

A Torre da televisión foi construída  en 1969 pola RDA, que a converteu nun símbolo da Alemania Oriental

Seino. Xa escribín en Equipaxe de Man sobre Berlín hai uns meses, pero aproveitando que se cumprían 50 anos da construción do muro e co bo recordo que gardabamos, decidimos regresar o pasado novembro. É unha cidade moi agradable co viaxeiro co seu ir e vir de bicis, a cervexa, as bratwurst, as súas encantadoras terrazas ao aire libre…

Seguir lendo

Berlín: a cidade do muro (II)

O mural dun Trabi esnaquizando o Muro é unha das imaxes máis coñecidas de Berlín

No anterior post fixemos un percorrido polo Berlín Occidental, e desta volta toca a zona Oriental. Comezamos no mesmo punto, na Porta de Brandeburgo, pero desta volta cara o este. Así, percorreremos a rúa Unter den Linden (Baixo os tilos) que foi tradicionalmente un camiño de ferradura que unía a illa do río Spree e o coto de caza do Tiergarten e que na actualidade acolle as embaixadas de numerosos países.

Seguir lendo

Berlín: a cidade do Muro (I)

A caída do Muro de Berlín o 9 de novembro de 1989 foi vista como o fin da Guerra Fría

Visitar Berlín tentando manterse ao marxe da súa historia é imposible. A cada paso que damos atopamos algo relacionado co seu pasado nazi, a Segunda Guerra Mundial ou a Guerra Fría. Dúas décadas despois da caída do Muro, a arquitectura urbana, os seus cidadáns, o estilo dos bares e incluso os seus atractivos turísticos permiten distinguir as dúas partes, Este e Oeste, nas que estaba dividida a cidade.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de bitácora (V)

Bombas-de-gas-contra-as-inocentes-demostracions-dos-palestinos-no-muro

As bombas de gas obrigan aos manifestantes a deixar a protesta dos venres no muro de Nillin

12 de agosto de 2011

Seguimos en loita, dirección Ni’lin. Espéranos Salah, e o muro. Hoxe é venres, e cada venres, tralo rezo do mediodía, en ducias de puntos do país, grupos de palestinos achéganse ao “seu” muro a modo de mobilización contra a ocupación. Un símbolo máis.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de Bitácora (I)

Expedición costeira en Palestina tomando unha cerveza en Belem en pleno Ramadam

Expedición costeira en Palestina, tomando unha cerveza en Belem en pleno Ramadam….

Unha das viaxes que máis doeu na alma foi a de Palestina. Aló iamos unha expedición da Costa da Morte con ganas de ver o que había, de coñecer a problemática, e de contala ao volver. E así o fixemos, pero pasamos 10 duros días do verán de 2011. De feito, nunca me pasara tal: ter gañas de voltar cando aínda quedaban 3 ou 4 días de viaxe.

Daquela escribira unhas notas na miña inseparable libretiña e ao voltar a casa redactei este Cadereno de Bitácora que nunca utilicei, nin sequera nas charlas que organizamos con COSAL á volta para contar todo o que tiñamos visto.

Non sabía moi ben se cadraban ou non en EQM, pero polo visto ca reacción dos compañeiros viaxeiros, parece que si. Aí vos deixo. Seguir lendo