montaña

Ana

Ana

Fin de semana | O restaurante Cantábrico na Fonsagrada

RestauranteCantabrico

Restaurante Cantábrico. Foto: rutamichelines.es

Vivindo moi cerca de A Fonsagrada, nunca os pes tiña posto pola vila da fonte sacra. Aproveitando que había moitas boas novas que celebrar, fixemos unha escapada gastronómica ao restaurante Cantábrico no pasado mes de agosto.
Seguir lendo

Viaxe ao interior do Courel

A Buraca das Choias é unha cova perfecta para inciarse na espeleoloxía

No anterior post sobre o Courel animábavos a participar nas distintas festas da castaña que se celebran na serra no outono ao tempo que podiades gozar da beleza que desprende a súa paisaxe nesta época. Pero o Courel non só é interesante por fóra, senón tamén por dentro. E desta volta propóñovos explorar o seu interior a través dunha cova: a Buraca das Choias.

Seguir lendo

O Courel e a raíña do souto

Vai polo monte o camiño / outeando como un louco / polos caborcos do val / i as poxas do taramouco.

Cruza solo a serra toda / sin levar outra compaña / que a gran presencia do ceo / sobre o silencio da braña.

Eu non sei pra onde vai / méntral’o quedo mirando. / Sólo sei que elí se compre / o soño que estoun soñando…

Terra moura das montañas! / Boa terra que dás auga / e teis auga nas entrañas!

Así lle cantaba Uxío Novoneyra ao seu fermoso Courel no poemario Os Eidos, un canto á vida e a natureza nas terras da serra. Un lugar fermoso na primavera, moi agradable no verán e incrible no inverno. Pero sen dúbida a mellor época para visitalo é o outono. E é que nun par de semanas poderedes gozar da plena explosión de cor nos soutos e devesas que salpican esta serra. Castaños, carballos, aciñeiras, teixos, bidueiros, acivros e xestas conforman unha paisaxe pintada con tons amarelos, vermellos, alaranxados e marróns que non debedes perdervos.

Seguir lendo

Viaxar con propiedade

sopaletrasHoxe tocaba volver falar sobre películas que inspiran viaxes. Pero unha ollada a un estante levoume a recuperar unha costume que perdera no verán de 2012. Durante dous anos escribía imaxinando que alguén lía algo meu mentres viaxaba en tren camiño de algures. Escribía sobre linguaxe na revista Paisajes, a que Renfe regalaba aos seus pasaxeiros. Tratábase de escoller un tema e buscar palabras ou expresións relacionadas pouco coñecidas, mal empregadas…

E pensei na cantidade de cousas que estariamos a perder das nosas viaxes simplemente porque non sabemos poñerlles nome. Facemos a proba? Seguir lendo

Sicilia (II): Camping, playa y montaña en Trapani

San Vito do Capo

San Vito do Capo

Nuestro viaje a Sicilia fue en coche, decidimos dejar más dinero en el transporte para poder parar donde quisiéramos y ahorrar en el alojamiento. Esa fue una de las mejores decisiones que tomamos, porque ir de camping por la isla, en verano, es maravilloso. Muchos los encuentras a pie de playa con salida directa al mar, con lo que es comodisimo después de todo el día acumulando calor, llegar y darte un baño en el mar templado (los que vivimos en Galicia apreciamos especialmente esto) y ver la puesta de sol mientras te cocinas algo en el camping gas. Seguir lendo