MexilOnseTuits

Detrás dos posts

Equipaxe de man é un proxecto singular por moitos motivos. O último, ensinarvos o vídeo que tiñamos preparado por se gañabamos o premio a mellor blog turístico nos MexilOnseTuits 2013.

Non me ides crer pero o obxectivo era reunir probas para saber e compartir porque facemos o que facemos. Xa sabedes quen somos, que escoitamos e cal é o noso aloxamento ideal. Agora cada un de nós aporta a súa definición de Equipaxe de man. Ler os nosos posts non volverá ser o mesmo. Seguir lendo

Preparando os MexilOnseTuits 2014

mexilons1

Adrián (Mola Viajar), Isaac e Paula (Chavetas), Edurne (Vivir Galicia), Tania, Javi Mos e David (Equipaxe de man).

Cando comezou a aventura Equipaxe de man, nin un só dos membros do equipo contaba con estar nominado aos MexilOnseTuits. O pasado 21 de maio recibimos a feliz nova de que eramos finalistas na categoría de mellor blog turístico. A cita era este domingo 2 de xuño en Bueu. E dentro do “noso sobre” estaba, merecidamente, Vivir Galicia.

Seguir lendo

MexilOnseTuits 2013

O próximo 2 de xuño os que nos dedicamos o mundo dos blogs temos unha cita en Bueu, na segunda edición do MexilOnseTuits, o Festival Social Media de Galicia, e a cal este equipo se presentará a través de equipaxedeman.com e eu ademáis con costadamortegalicia.com. Tiven o pracer de asistir a primeira edición por que un amigo me insistiu para que fora e donde lle puxen cara, como ocorre cando hai encontro de blogueiros, a algún tuitero que outro.

Seguir lendo