mercadillos

10 cousas que facer gratis en Madrid

Madrid1.Parques para ir de picnic, facer deporte ou tombarse a ler. A canción non mentía. ” Podéis tener Retiro, Casa Campo o Ateneo (…) vaya vaya aquí no hay playa! vaya vaya!” En Madrid non escoitas o mar nin cunha cuncha na orella, pero será por parques na capital, Casa de Campo, Parque del Oeste, Retiro, Madrid Rio, o Templo de Debot, a Quinta de los molinos ou o Cerro del Tío Pio (coñecido como o Parque de las Siete Tetas) son algúns deles. Poderás pasar infinitas tardes sen gastar un duro ou aburrirte. De balde é tamén o meu consello: coidado no Retiro que os paxaros están excesivamente ben alimentados (os peixes tamén pero estes só dan medo). Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres: un paseo por Camden

Ambiente en Camden

Flaco favor nos fai a globalización no que a mercados na rúa se refire, e o Camden Lock Market (en Londres) tampouco se escapa a esta uniformización. Pouco queda do gótico, punk ou alternativo e rompedor que caracterizaba esta área alá polos anos anos 80 ou 90. Pero ainda así é unha das visitas imprescindibles na cidade. Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres, de compras

London_eye

Este é un artigo sobre Londres, pero tamén sobre compañeiros de viaxe. Como a maior parte das miñas historias, a viaxe empeza en Galicia, concretamente nunha cancha de baloncesto, unha noite de setembro e en Pontevedra. Ese é o recordo máis antigo que compartimos, eran os primeiros días dunha nova vida para nós (2002), e dende a nocturnidade dese momento, acompañámonos nunha viaxe común que dura máis de dez anos. Seguir lendo