Mar

Cinque Terre: cinco pobos encantadores á beira do mar

Riomaggiore

Riomaggiore, un dos cinco pobos que integran a Cinque Terre

A medio camiño entre Génova e Pisa xorden na costa italiana cinco pequenos pobos colgados no mar con casas de cores coñecidos como Cinque Terre (Cinco Terras). Monterosso al Mare, Vernazza, Corniglia, Manarola e Riomaggiore son os nomes que reciben estas marabillas que aparecen rodeadas de bancais de viñedos e bañadas por un brillante Mediterráneo.

Seguir lendo

Excursión polas Rías Altas I: Ribadeo

Praia das Catedrais

A Praia das Catedrais so pode percorrerse nas horas de baixamar

As coñecidas Rías Altas abarcan toda a costa de Lugo e a parte norte e noroeste da provincia da Coruña. Nalgúns lugares inclúen nesta denominación o espazo que vai dende A Coruña ata Ribadeo, e dende a cidade herculina ata Fisterra –o que ven sendo a Costa da Morte-. Eu ocupareime ao longo de varios posts da primeira zona, xa que son as Rías Altas propiamente ditas, para percorrela dando pequenos saltos. Vai ser unha ruta por este tramo da costa galega na que non van faltar faros, cabos, natureza, acantilados e sobre todo praias, dende grandes areais a pequenas calas. Seguir lendo

“Ponteceso. Os Camiños do Mar”, finalista dos premios europeos “Patrimonio en Movemento”

O proxecto GAC  Ponteceso. Os Camiños do Mar foi elixido finalista dos premios europeos “Patrimonio en Movemento (“Heritage in Motion”, no seu título en inglés) na categoría aplicacións móbiles pola divulgación do 2.0 do patrimonio da Costa da Morte. O galardón entregarase este venres 25 de abril en Glasgow (Escocia, Reino Unido), durante as xornadas bianuais organizadas polos promotores (25 e 26 de abril). 

Seguir lendo

Palabras para o mar

Sardinheiro_Fisterra

Se estudiastes o que vos mandei xa saberedes que significan augada, viático ou bucela. Foi naquel post no que vos invitaba a viaxar con propiedade, a tirar proveito do idioma para aprender un pouco máis de cada viaxe.

Como temos dicionario para máis dun post, comezo achegándome a porto para recoller unhas cantas palabras imposibles. A continuación pretendo probar a teoría de que non reparamos naquelas cousas ás que non podemos poñerlles nome. Seguir lendo

A Bretaña francesa II: Saint Malo

Saint Malo é tal vez a cidade mais fermosa da costa bretoa. FOTO extraída de Travel Republic

Puxemos un pé no interior da Bretaña francesa hai unhas semanas a través de Rennes e desta volta imos coñecer unha pequena cidade da “terra asomada ao mar, ou como dicían os bretóns Armor. Trátase de Saint Malo, tal vez a cidade máis fermosa da costa bretoa e tamén unha das máis visitadas.

Seguir lendo