Madeira

Tocamos Madeira | De Câmara de Lobos a Porto Moniz

Camara de Lobos 2

Câmara de Lobos

A illa de Madeira (Portugal) foi o destino escollido para pasar unha semana de vacacións no mes de xullo. Recomendable? Si, pero cómpre ler os posts que vou compartir no blog. A favor, Madeira é un paraíso natural que paga a pena coñecer e percorrer. En contra, que non vos estrañe se ao chegar vos collen polos nocellos para ver que cae.

Descartada a opción de alugar un coche para coñecer a illa –moi recomendable se podedes planificar a viaxe con tempo–, decidimos organizar a semana no mostrador de recepción do hotel. A viaxe foi de menos a máis. A primeira xornada consistiu nunha carreira contra a furgoneta que nos levaría a coñecer boa parte de Madeira.

Seguir lendo

Madeira, a illa verde portuguesa

As casas coas fachadas triangulares son típicas de Santana

A illa da Madeira é recomendable para todos aqueles que non queren ter tempo para o aburrimento, para os amantes da natureza e, sobre todo, para os que lles guste comer. Imos ver as visitas obrigadas que hai que facer en Madeira ainda que illa verde portuguesa é moito máis que isto… é onde naceu o famoso futbolista Cristiano Ronaldo.

Seguir lendo