Lugo e Terra Chá

10 cousas que facer gratis en Lugo

 

Lugo

As torres da Catedral de Lugo pódense visualizar dende distintos puntos da cidade. Imaxes: @photolopez

A miúdo asociamos ocio ou turismo con custo económico. Pero en tódolos lugares hai cousiñas que coñecer que non supoñen gasto para o noso peto. Ás veces tan só é cuestión de indagar un pouco…  e na cidade de Lugo atopamos unhas cantas.

Seguir lendo

Ana

Ana

Fin de semana | O restaurante Cantábrico na Fonsagrada

RestauranteCantabrico

Restaurante Cantábrico. Foto: rutamichelines.es

Vivindo moi cerca de A Fonsagrada, nunca os pes tiña posto pola vila da fonte sacra. Aproveitando que había moitas boas novas que celebrar, fixemos unha escapada gastronómica ao restaurante Cantábrico no pasado mes de agosto.
Seguir lendo

O Patrimonio da Humanidade en Galicia é…

A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) crea unha lista de lugares aos que lle otorga o título de Patrimonio da Humanidade (ou Patrimonio Mundial) co obxectivo de catalogar, preservar e dar a coñecer sitios de importancia cultural ou natural excepcional para a herdanza común da humanidade.

Veña, pensade, sabedes cantas declaracións de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO temos na nosa terra?

Seguir lendo

A feira dos santos de Monterroso

Na feira dos santos de Monterroso concéntranse máis de mil postos de todo tipo de productos

Se aínda non tes plans para o próximo festivo propoñémosche recuperar unha vella tradición galega: ir á Feira dos santos. Ten lugar en Monterroso (Lugo) e lévase celebrando dende fai máis de 500 anos. Vaste perder esta cita?

Seguir lendo

Galicia é unha festa

Falan de cinco mil, cinco mil festas que cohabitan en Galicia no estío e que a engalanan de cor, música, historia, tradición, cultura e gastronomía desde o primeiro ó seu último recuncho. Sendo máis de cen as que gozan de interese turístico, a nosa comunidade  revive ancestrais tradicións xunto con grandes eventos lúdico-festivos máis modernos. Deste xeito, son numerosas as súas festas gastronómicas, tanto ás que se refiren ós seus excelsos caldos, coma as da exaltación do marisco ou dos produtos da terra. Igualmente, Galicia procura manter a súa cultura coa celebración de festas folclóricas de renome internacional, por non falar dos seus festivais, certámes e concertos. Non me quero esquecer tampouco do fervor relixioso que se profesa na nosa terra, que tantas festas move, e nas que se rinde homenaxe a santos e santas. Asimesmo, salientan as conmemoracións de fitos históricos ou a exaltación da artesanía popular en diferentes mostras, por non falar de concentracións de todo tipo e eventos deportivos do máis alto nivel. Seguir lendo

Lugo ou a xoia escondida

Lugo1A cidade de Lugo, quizais sexa das máis esquecidas e maltratadas de todo Galicia e España. Culpa diso, foi o quedar a súa imaxe chuviosa, gris, vella e sen encanto gravada na mente de case todo o mundo. Ao que hai que sumar unha muralla romana impresionante declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO; pero case esquecida por moitos turistas que non saben que existe.

Seguir lendo