Londres

Ana

Ana

Vivir en Londres. 10 cousas que facer gratis en Londres

Vivir en Londres National GalleryDicen por aí que as mellores cousas da vida son gratis e eu creo que é certo, pero para min vivir en Londres é unha das mellores cousas que che poden pasar na vida e eso… non é precisamente gratis. A vida en Londres é bastante cara e turistear pola cidade visitando os principais puntos de interese pode deixar o teu peto bastante tocado. Pero hai un montón de alternativas gratuítas para os que queren vivir por uns días coma os auténticos londoners. Seguir lendo

Sabes cal é a capital mundial dos selfie?

Cidade europea, cabinas de teléfono de cor vermella, o río Támesis… certo! Londres é a capital mundial do selfie segundo o revela un estudio publicado en maio do 2014 por Suggestme. Para chegar a esta conclusión tiveron que rastrexar máis de 6 millóns de publicacións ó longo e ó ancho de Facebook, Twitter e Instagram.

Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres: Aziziye Camii Mosque, Stoke Newington

Mesquita de Aziziye en Londres

Érase unha vez unha mesquita, un supermercado e un restaurante; todo nun único edificio. Este edificio é a mesquita Aziziye, que destaca no entorno no que se atopa: unha rúa dun “típico” barrio de Londres (se é que algún barrio en Londres se pode definir como “típico”). Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres, de compras

London_eye

Este é un artigo sobre Londres, pero tamén sobre compañeiros de viaxe. Como a maior parte das miñas historias, a viaxe empeza en Galicia, concretamente nunha cancha de baloncesto, unha noite de setembro e en Pontevedra. Ese é o recordo máis antigo que compartimos, eran os primeiros días dunha nova vida para nós (2002), e dende a nocturnidade dese momento, acompañámonos nunha viaxe común que dura máis de dez anos. Seguir lendo