london

Sabes cal é a capital mundial dos selfie?

Cidade europea, cabinas de teléfono de cor vermella, o río Támesis… certo! Londres é a capital mundial do selfie segundo o revela un estudio publicado en maio do 2014 por Suggestme. Para chegar a esta conclusión tiveron que rastrexar máis de 6 millóns de publicacións ó longo e ó ancho de Facebook, Twitter e Instagram.

Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres: un paseo por Camden

Ambiente en Camden

Flaco favor nos fai a globalización no que a mercados na rúa se refire, e o Camden Lock Market (en Londres) tampouco se escapa a esta uniformización. Pouco queda do gótico, punk ou alternativo e rompedor que caracterizaba esta área alá polos anos anos 80 ou 90. Pero ainda así é unha das visitas imprescindibles na cidade. Seguir lendo

Ana

Ana

Historias de… Enric González

Historias de Londres, Roma y Nueva YorkEste é un blog de viaxes feito por almas viaxeiras, e se eu teño que falar da miña alma, os libros teñen moito que ver nela. A min hai unha cousa que me pasa moi frecuentemente cando volvo dunha viaxe: sinto unha atracción fatal por ver as películas que alí se rodaron, pola música, polos programas de televisión e tamén polos libros que teñen como escenario este destino. Así, cando voltei de pasar tres meses en Italia, descubrín Historias de Roma e a Enric González. Seguir lendo

Be London, my friend (I)

Pois non, ho. Non salira antes da miña grande península ibérica, e notábase. E pensaba que durante os 3 días que ía pasar polas British lands todo ia ser como descubrir un novo mundo, e o que realmente me sorprendiu foi o familiar que se me facía todo!

Non en vano Londres é un referente cultural omnipresente nas nosas vidas, ou polo menos na meirande parte da miña. Disfrutar do Big Ben en directo despois de velo tantas outras veces en fotos é unha sensación como a que sintes cando visitas de vello (ou non tanto) o colexio da túa infancia.
Seguir lendo