Lenda

A lenda do Santo Cristo de Fisterra

Na Igrexa de Santa María das Areas, réndese gran veneración a unha imaxe de Cristo Crucificado que alí se atopa desde tempos moi antigos. A peregrinación para orar ante a milagrosa imaxe vén celebrándose desde hai moitos anos durante a época de Semana Santa e Pascua de Resurrección e, como en todas as peregrinacións e romarías, cántanse coplas populares alusivas á figura do que é obxecto:

Santo Cristo de Fisterra
Santo dá barba dourada
Veño de lonxe terra
Santo, por verche a cara
.

Pero, de onde vén a fama deste Cristo? Quizais a fama deste Cristo lle veña por chegar a Fisterra dun modo que parece cousa de milagre, o que deu orixe a esta lenda. Seguir lendo