italia

Génova, a cidade vertical

Biosfera

Na Biosfera viven especies animais e vexetais amezadas pola explotación do home

Durante máis de seis séculos Génova foi unha das grandes potencias do Mediterráneo, sen embargo agora semella sumida nunha profunda decadencia. Destaca o seu porto, que dende os anos noventa foi renovado e na actualidade converteuse en centro turístico grazas ao Museo del Mare, a Biosfera e o acuario -o segundo máis grande de Europa-. Tamén no porto, atópase o Faro Lanterna, símbolo dun dos maiores pobos navegantes que sempre se identificou co mar e o comercio.

Seguir lendo

Cinque Terre: cinco pobos encantadores á beira do mar

Riomaggiore

Riomaggiore, un dos cinco pobos que integran a Cinque Terre

A medio camiño entre Génova e Pisa xorden na costa italiana cinco pequenos pobos colgados no mar con casas de cores coñecidos como Cinque Terre (Cinco Terras). Monterosso al Mare, Vernazza, Corniglia, Manarola e Riomaggiore son os nomes que reciben estas marabillas que aparecen rodeadas de bancais de viñedos e bañadas por un brillante Mediterráneo.

Seguir lendo

Roma, a cidade eterna (II)

Vistas de Roma dende a terraza da cúpula de San Pedro

Como xa vos contaba no anterior post, a grandeza de Roma percíbese en cada paso que percorremos. En cada esquina ocúltase unha fonte ou monumento, con templos para todos os gustos e tesouros agochados ata na igrexa máis insignificante. O Coliseo, o Foro Romano, o monumento a Vittorio Emanuele II, o Panteón, a Piazza Navona, a Fontana di Trevi e a Piazza di Spagna son algúns dos marabillosos lugares dos que vos falei na primeira entrada dedicada a Roma, pero non son menos espectaculares os que imos percorrer no post que nos ocupa.

Seguir lendo

Roma, a cidade eterna (I)

O Arco de Constantino foi construído a partir de pezas de edificios anteriores

Din dela que non basta unha vida para coñecela e a min non me chegan uns cantos posts para falarvos dela, pero iremos pouco a pouco. A diferenza doutros lugares, non se coñece nunha fin de semana. A vella e monumental Roma é desas cidades que non pasan desapercibidas, non só pola grandeza e maxestosidade das súas edificacións, senón por toda a historia acumulada que conserva dun xeito excepcional. Estamos ante unha cidade incrible polo que é na actualidade e polo que foi no pasado. Non é necesario fantasiar moito para imaxinar moitos dos acontecementos e escenarios que marcaron o devir da humanidade.

Seguir lendo

Milán, moito máis que moda

O Duomo de Milán, de estilo gótico, está construído integramente en mármore

Capital europea da moda, a cidade das compras, a cidade do glamour… son moitos os sobrenomes de Milán, pero non só compras, moda e glamour ides atopar na capital da rexión de Lombardía. Milán ofrece unha serie de atractivos turísticos que a converten nun destino ideal con diversos monumentos e lugares de interese que non debedes deixar de visitar!

Seguir lendo

Florencia, un museo ao aire libre

Vista panorámica nocturna de Florencia dende San Miniato al Monte

Considerada un dos mellores museos ao aire libre do mundo, Florencia foi grazas a súa riqueza e os seus artesáns a cidade central do Renacemento. Brunelleschi, Leonardo, Rafael e Miguel Ángel son algúns dos artistas que atoparon traballo e mecenado na capital da Toscana, a cal resulta imposible non admirar.

A cidade conquista ao viaxeiro pola súa vida creativa e intelectual, o ambiente das rúas, numerosos obradoiros artesanais agochados, museos, pazos… As súas rúas estreitas e empedradas fan que a circulación polo centro urbano estea prohibida aos non residentes, algo que se agradece xa que a mellor maneira de coñecela e gozar dela é a pé, con tranquilidade, parándose nos pequenos detalles.
Seguir lendo