israel

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de bitácora (IX)

Equipo costeiro con Rosa e Aya en Hebron

Equipo costeiro con Rosa e Aya en Hebron

16 de agosto de 2011

De Nablus a Hebron, ou Al Hilal, despois de coller un taxi compartido, un “service” (furgoneta para viaxeiros que sería ideal para unha zona como a da Costa da Morte), atravesar o checkpoint de Qualqiya a pé, e coller un bus ata Xerusalem, un novo cara Belén, e outro “service” ata Hebrón. Toda unha tarde para 80 quilómetros de distancia entre dúas cidades palestinas.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de Bitácora (II)

09 de agosto de 2011

Muro-de-cemento-de-Israel

Indignante muro de cemento que separa Israel

Saímos do Citadel Hostel, na zona xudea do casco, e tras tomar un zume de laranxa a 3€ e unha empanadilla a 2, pasamos a fronteira imaxinaria cara o barrio árabe. En realidade hai 14 barrios no casco vello, repartidos entre todas as etnias e relixións con apelidos que habitan a zona dende séculos atrás. Non hai checkpoints nin muros, pero o cambio pálpase. Aquí os distintivos son yilabas, sharias e mesmo burkas, ademais dos sempre presentes metralletóns.
As rúas están algo máis sucias e as tendas locen verdadeiros cores de zoco.
Atravesamos a porta de Damasco, o auténtico corazón da Xerusalem Oeste, a zona árabe. A finxida normalidade, curiosamente, segue reinando.
Seguir lendo