Fisterra

Etel&Pan: Un local diferente en Fisterra

 

Letrero Etel&Pan

Letrero Etel&Pan

Hoy os queremos proponer un sitio muy especial que se define como “bocadillos do país e galería ultramarina”, Etel&Pan. Localizado en Fisterra, se ha convertido en lugar de referencia para encargar el picnic si vas a la playa o hacerte con algunos productos y marcas artesanales, que cuidan el modo de producción: cervezas artesanales, conservas gallegas y portuguesas… Seguir lendo

De turisteo pola Costa da Morte: 10 cousas para facer gratis

O dolme de Dombate conta cunha estructura que o protexe das inclemencias do tempo

O dolme de Dombate conta cunha estructura que o protexe das inclemencias do tempo

Cada vez que penso na gran cantidade de lugares que temos para visitar na Costa da Morte percátome da riqueza que temos. Aínda que non o creades, resultoume “difícil” facer unha lista de dez cousas para facer gratis na Costa da Morte porque sinto que deixo centos delas sen mencionar. Pero había que facelo… e aquí vai a miña particular selección. Seguir lendo

A Punta Mexadoira en Cee

Punta Mexadoira en Fisterra

A Punta Mexadoira, tamén chamada Mixirica, sitúase no concello de Cee, entre as fermosas praias de Nemiña e O Rostro. Baixo este nome tan curioso atopamos uns cantís que case rozan a verticalidade, e no medio deles, procedente do Monte Couto, un regato de auga, duns cinco metros de altura, que se precipita directamente ao mar. Pola súa dureza, as augas son utilizadas polos veciños das aldeas próximas como ducha natural, e non dubidan en afirmar que ten propiedades para o mantemento do cabelo.

Seguir lendo

Apraiados II

foto lires

Praia de Lires. Foto Javi Mos

Como introducía na conclusión do último post hoxe toca invitarvos a dúas praias que terían aparecido nas páxinas de The Guardian no ano 2007 se eu fose o responsable daquela información. E a outra na que transcorren historias emocionantes e que forma parte da miña historia. De Lires a praia América pasando por Mar de Fóra.

Seguir lendo

A lenda do Santo Cristo de Fisterra

Na Igrexa de Santa María das Areas, réndese gran veneración a unha imaxe de Cristo Crucificado que alí se atopa desde tempos moi antigos. A peregrinación para orar ante a milagrosa imaxe vén celebrándose desde hai moitos anos durante a época de Semana Santa e Pascua de Resurrección e, como en todas as peregrinacións e romarías, cántanse coplas populares alusivas á figura do que é obxecto:

Santo Cristo de Fisterra
Santo dá barba dourada
Veño de lonxe terra
Santo, por verche a cara
.

Pero, de onde vén a fama deste Cristo? Quizais a fama deste Cristo lle veña por chegar a Fisterra dun modo que parece cousa de milagre, o que deu orixe a esta lenda. Seguir lendo