Festivais

#galiciaéfestivaleira

Cartel 1Inclúe algún festival na túa axenda “verán 2015″! Repetímosvolo cada ano, e non nos cansamos, porque #galiciaéfestivaleira pero tanto ou máis Equipaxe de Man. Vós, si, vós, que non pisastes un festival de música en Galicia na vosa vida, seguide lendo! (O resto tamén que non nos sobran lectores. Os impacientes podedes ver o resumo do punto 9 para comezar). Este ano, ademais da axenda de festivais, dámosvos dez motivos para non vos perder (polo menos) un.

Seguir lendo

Equipaxe de man é festivaleiro

Parece mentira pero este que vén xa é o segundo verán de Equipaxe de Man. Aínda que o incrible é que a calor estea ás portas de Galicia. Descubrirá que estas abren para dentro, confiade. E en todo este tempo intentamos revelarvos cantos descoñecidos para algúns; compartir as nosas vacacións; suxerirvos plans interesantes, relaxantes e de singulares paraxes, a poder ser, a partes iguais. Para os máis traballadores, co verán chegou o momento de poñer en práctica as nosas recomendacións e hai un plan que debedes incluír na vosa axenda: un festival. Tras o repaso do ano pasado, o equipo deste blog suxire os seus favoritos, porque Equipaxe de man é festivaleiro! Seguir lendo

Galicia é festivaleira!

Festivais GaliciaHai mil tipos de viaxeiros. Os que intercambian as súas casas en puntos do globo opostos. Aínda existen os que cargan o coche ata a baca e aguantan quilómetros de caravanas. O postcrossing. Os mochileiros que tiran de hihostel. Os que usan a guía Campsa…. e os que se deixan guiar pola música. Galicia é festivaleira, compróbao con esta axenda de xuño, xullo e agosto. Seguir lendo