faro

Excursión polas Rías Altas II: de Bares a Ortegal

Estaca de Bares

Muíños hidráulicos encadenados en Estaca de Bares

No anterior post percorremos Ribadeo e arredores e desta volta moverémonos pola zona de Bares e Ortegal. O porto do Barqueiro, Estaca de Bares, Cariño e o cabo Ortegal serán as nosas paradas neste percorrido polas Rías Altas galegas. Seguir lendo

Ruta dos faros de Galicia

Ruta dos faros de Galicia

Para aqueles que aínda non o saibades, cóntovos que podedes recorrer a costa norte, dende Ferrol ata Ortigueira ou Ribadeo, en tren. Esta iniciativa foi posta en marcha pola colaboración entre Turgalicia e o Concello de Ferrol, que lanzaron esta nova ruta turística en tren para coñecer os faros entre estas localidades. Esta ruta comenzou o pasado 21 de xuño e estará operativa ata o próximo 15 de setembro.

Seguir lendo

O faro máis novo da Costa da Morte en Punta Nariga

Faro de Punta Nariga

O faro de Punta Nariga está situado en Barizo, no concello de Malpica de Bergantiños.

É o faro de construción máis moderna de toda a costa, entrou en funcionamento no ano 1998. É unha construción do arquitecto César Portela. Ten unha altura duns 50 metros e a súa lanterna alcanza 20 millas.

Simula un barco de pedra que reta ao mar. Esta forma de barco está ben lograda grazas á súa composición con tres partes ben diferenciadas. A súa base, triangular, reproduce a proa que encara ao mar e parece que vai romper as ondas dun momento a outro.

Seguir lendo