Espacio natural

A Punta Mexadoira en Cee

Punta Mexadoira en Fisterra

A Punta Mexadoira, tamén chamada Mixirica, sitúase no concello de Cee, entre as fermosas praias de Nemiña e O Rostro. Baixo este nome tan curioso atopamos uns cantís que case rozan a verticalidade, e no medio deles, procedente do Monte Couto, un regato de auga, duns cinco metros de altura, que se precipita directamente ao mar. Pola súa dureza, as augas son utilizadas polos veciños das aldeas próximas como ducha natural, e non dubidan en afirmar que ten propiedades para o mantemento do cabelo.

Seguir lendo