esculturas de area

A Pyla de area

“Víchedes a duna de Caños de Meca? É a máis grande de Europa despois dunha alemá”. Inventou Paco. Este home, natural de Vejer, tamén afirma que os barros que se forman entre a auga doce dos canos (que dan nome ao lugar) e a rocha dos cantís “son augas residuais”. Non é momento de discutir o segundo, agora toca confesar que fun eu a que me levei as dunas de Caños de Meca nas miñas alpargatas, seguramente por iso agora é a Duna de Pyla (Francia) a máis grande de Europa. Ai! Paquiño, Paquiño… Seguir lendo

As esculturas na dourada area do Algarve

“Os ídolos” foi a temática do FIESA 2012

Sempre me gustou esa expresión de “facer castelos na area”. Quen non os fixo algunha vez? Este xogo de palabras tamén me recorda a aquelas tardes de verán nas que tan só precisabamos unha pala e un cubo para pasar horas e horas a carón do mar. E partir de agora, tamén me recordará o Festival Internacional de Esculturas en Arena que todos os veráns se celebra no Algarve.

Seguir lendo