Equipaxe de man

Tocamos Madeira | De Câmara de Lobos a Porto Moniz

Camara de Lobos 2

Câmara de Lobos

A illa de Madeira (Portugal) foi o destino escollido para pasar unha semana de vacacións no mes de xullo. Recomendable? Si, pero cómpre ler os posts que vou compartir no blog. A favor, Madeira é un paraíso natural que paga a pena coñecer e percorrer. En contra, que non vos estrañe se ao chegar vos collen polos nocellos para ver que cae.

Descartada a opción de alugar un coche para coñecer a illa –moi recomendable se podedes planificar a viaxe con tempo–, decidimos organizar a semana no mostrador de recepción do hotel. A viaxe foi de menos a máis. A primeira xornada consistiu nunha carreira contra a furgoneta que nos levaría a coñecer boa parte de Madeira.

Seguir lendo

A equipaxe de man de… unha convidada especial

 

Helena ten sete anos

Helena ten sete anos e na súa maleta con cara de moucho caben moitos soños e moitas ganas de diversión

Xa levamos uns cantos post falándovos do que levamos na nosa #equipaxedeman. Ben, pois esta fin de semana tiven unha visita (moi especial) na miña casa. Así que decidín abrir a súa maleta para ver que o trouxo dentro dela…

Seguir lendo

Ana

Ana

Cousas que non faltan na miña maleta

Maleta Natalia

Co paso dos anos e das viaxes a maneira de facer a maleta vai mudando. Dos primeiros “por se acaso” nos que metíamos cousas que non empregábamos nin unha soa vez en toda a viaxe (“Para que viría eu cargando con todo isto?”, pensabamos) pasamos a optimizar cada vez máis espazo e recursos para non ir cargados e poder movernos non facilidade. Entre os básicos que non poden faltar na miña maleta están os seguintes: Seguir lendo